Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller Traballadora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller Traballadora. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de marzo de 2020

Día da MULLER


Hoxe conmemoramos o Dia da Muller no colexio.
Como estamos a traballar o proxecto anual “Ponte Sampaio é de Cine”, acordamos pescudar información sobre mulleres relacionadas co sétimo arte: actrices, directoras, animadoras audiovisuais, protagonistas, guionistas, deseñadoras, …
Logo de atopar a información sintetizárona e prepararon un guión en todas as clases.
Para a exposición dos traballos foron rotando por todas as clases explicando cada un a muller que escolleran contando por  que e o que sabían e aprenderan delas. Contestaron as preguntas que xurdiron.
Este traballo de lecturas compartidas, comezámolo na sesión de hora de ler e alongouse o tempo necesario para completar as rotacións.


Logo de rematar as exposicións orais, reunímonos na sala de usos múltiples para ver todo o colexio xunto o vídeo que gravaran na biblioteca "A igualdade e coeducación en Ponte Sampaio" e o LipDub gravado por todo o centro o xoves pasado “Fábrica de luz”.

Logo das exposicións orais, os traballos quedaron expostos no taboleiro de Coeducación e Igualdade, na entrada.

domingo, 10 de marzo de 2019

8 de marzo

Con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora, na escola fixemos un acto no que convidamos a varias nais e familiares do alumnado para que lle amosaran aos rapaces e rapazas como era o seu traballo,  anteriormente  de "xénero masculino" : ÁRBITRO DE FÚTBOL, PATROA DE BARCO e MILITAR.

O venres fíxose co alumnado  grupos de distintos niveis e,  traballando de xeito cooperativo, o alumnado foi  pescudando nos seus equipos información sobre mulleres pioneiras nos fondos da biblioteca, na rede cos seus ordenadores,  e cada grupo escolleu unha diferente para facer a súa tarefa.



Coa información que atoparon fixeron o seu resumo, unha ilustración para montar entre todos os grupos un gran mural.

Noraboa polo traballo ben feito.