Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Natureza. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2020

Dia da Familia


OOOLA!!  

Estou un pouco preocupado
Non paran de chegarme mensaxes de xente abraiada por atopar durante os seus paseos luvas e máscaras ciscadas polo chan.
As medidas de hixiene son para previr os contaxios.
De momento non queda outra que usar as máscaras e luvas, cando nolo indiquen,  aínda que se poidan lavar e reutilizar algunhas delas ”non todas” chega un momento que hai que desbotalas nos cubos de lixo dos establecementos, ou nos da casa para botar despois ao contedor verde.
 NUNCA BOTALOS AO CHAN”
Ben sei que “vós” non o facedes, sodes ben aprendidos, pero si que podedes lembrarlle a quen non saiba e aos vosos coñecidos e familiares que non lle acorde que axuden a non contaminar propagando o virus, nin o planeta de paso.
Parabéns para todas as familias confinadas por máis de dous meses polo seu dia.
Xa queda menos para pasar a outra fase, pero “con sentidiño”.

Xa van chegando as vosas aportacións. Lembrade que aínda estades a tempo de mandar as vosas aportacións.
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

martes, 7 de abril de 2020

Martes 7

OOOLA!!

ESTIVEN HOXE A DAR UNHA VOLTA
 POLO SALÓN DO LIBRO E
 ATOPEI O QUE ESTABA A FACER ORBIL,
 OLLADE:

AQUÍ ESTÁ ORBIL
O MONITORADO DO SALÓN EXPLICAN POLO MIÚDO MOITAS ACTIVIDADES PARA REALIZAR
IGUAL FAGO UN COLGADOR DE BAÑO COMO ESTE QUE NOS CONTAN  NESTE VÍDEO, SE SODES VARIOS NA CASA VAIVOS VIR BEN PARA ORGANIZARVOS NO BAÑO:
A VERDADE É QUE SE IDES POLO
SALÓN DO LIBRO VIRTUAL CALQUERA DÍA DESTES
 ÍDELO PASAR MOI BEN.

ÁNIMO FAMILIAS!
TODO  VAI  A  IR  BEN!!

luns, 6 de abril de 2020

Luns 6

OOOLA!!
O DE ESTAR SEN SAÍR DA CASA
AS VECES TEN O SEU AQUEL.
COMO XA SABEDES,
OS ANIMAIS SON UNHA DAS MIÑAS DEBILIDADES.
ESTOU A SEGUIR  A VIDA DE CATRO AVES NOS SEUS NIÑOS EN DIRECTO: UNHA CURUXA, UN CERNÍCALO  UN FALCÓN PEREGRINO E UN BUÍTRE NEGRO.
SI, SI, EN DIRECTO, COMO SE FORA UN PROGRAMA DE “GRAN HERMANO”, PERO DE AVES.  Preme aquí para seguilos.

TODO ISTO É POSIBLE GRAZAS A ORGANIZACIÓN SEO/BirdLife QUE EN COLABORACIÓN COA FETYC  FAN ISTO POSIBLE.
TEDES, TAMÉN, A POSIBILIDADE DE VER OS MELLORES VÍDEOS DE AVES QUE SEO/BirdLife  FAI POSIBLE. BOTÁDELLE AQUÍ UNHA OLLADA.
DISFRUTÁDEO NA CASA.
ÁNIMO FAMILIAS!
TODO  VAI  A  IR  BEN!!