Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta CAMIÑO DE SANTIAGO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CAMIÑO DE SANTIAGO. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de abril de 2020

Xoves 9

OOOLA!!


VAIA MEMORIA A MIÑA!

TEÑO A CABEZA COMO UN BOMBO.
TEÑO PREPARADAS UNHAS
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS 
PARA VOS.
PENSARA QUE XA VOLAS CONTARA AÍ ATRÁS. 

DISFRUTADE DA SELECCIÓN NA CASA.
ÁNIMO FAMILIAS!
TODO VAI A IR BEN!!

xoves, 14 de novembro de 2019

Dalle á Lingua

OOOLA!! 

 XA PODEMOS ESCOITAR AS LECTURAS QUE GRAVASTES DE “SUPERLÍDERES”, O RETO MOTIVADOR E O QUE FALTABA DE A VOZ DO VERDUGO Nº 9 AO LONGO DA SEMANA QUE VEN, DO LUNS 18 AO VENRES 22 DE NOVEMBRO.

LEMBRADE QUE VAN A EMITILO EN DIRECTO A PARTIR DAS 11:50 DA MAÑÁ EN Ondacero. PONTEVEDRA.

·        NO DIAL 103.6 FM
·        NA APP DE ONDACERO SELECCIONANDO "PONTEVEDRA".

DÉIXOVOS OS ENLACES PARA ESCOITALOS EN DIRECTO NA INTERNET:
SE QUEREDES ESCOITAR AS GRAVACIÓNS QUE EMITIRON EN XUÑO  PREMEDE AQUÍ!

ABURIÑO!!

domingo, 2 de xuño de 2019

DALLE Á LINGUA

OOOLA!!

A PARTIR DE MAÑÁN SAÍMOS NA RADIO.
 ÁS 11:50 COMEZAN A EMITIRSE  POLA RADIO E EN DIRECTO NA WEB, ALGÚNS DOS ARTIGOS DO CAMIÑO   PORTUGUÉS DE SANTIAGO QUE GRABASTES CON  LORENA, DE ONDACERO, NA BIBLIOTECA. 

LEMBRADE QUE AO LONGO DE DÚAS SEMANAS DE LUNS A VENRES, A PARTIR DAS 11:50, PODEREMOS ESCOITAR NA EMISORA DE RADIO ONDACERO, AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA NARRANDO PARTE DOS ARTIGOS.

PODEDES ESCOITALOS DE TRES XEITOS:

·       NA RADIO NO DIAL 103.6 FM.
·       NA APP SELECCIONANDO "Pontevedra".
·       E  NA INTERNET : https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/directo/

O RESTO DAS LECTURAS, AS DE SUPERLÍDERES, EMITIRANSE DE CARA AO MES DE OUTUBRO.
XA VOS AVISAREMOS.
ATA LOGUIÑO!

mércores, 29 de maio de 2019

VISITA AO ALBERGUE


Dentro do proxecto anual deste curso O Camiño de Santiago, Tino Lores falaranos do Albergue de Pontevedra, e tiñamos a inquedanza de visitar e ver por dentro como era un dos albergues onde dormen as persoas que fan o Camiño.
A ocasión presentouse como un gran acontecemento para a nosa contorna, xa que temos a sorte de contar cun novo establecemento en Ponte Sampaio: “O MESÓN”, un Albergue turístico na rúa que lle da o nome.

Todo o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria participou nesta actividade.

Esta visita fixémola grazas á colaboración de Tomás, o pai de dúas alumnas do colexio que se prestou amablemente a ensinarnos o seu establecemento.



Contounos que pasaban peregrin@s de moitas nacionalidades, moitos portugueses, xaponeses,… e que se entendían falando sobre todo en inglés. Moitos xa fixeran antes o camiño francés, e bastante xente viaxaba  en solitario, coñecendo a outras persoas polo Camiño.
Ensinounos a cociña, a sala de estar, a recepción, as literas, as taquillas, os baños,...


Marie é unha peregrina francesa que botara andando 47 días e percorridos uns 1.200 quilómetros andando seguido. O martes levaba unha  semana aloxada no albergue despois da súa andaina. Accedeu a falar no local para o alumnado do colexio facendo un pequeno resumo da súa longa viaxe e contestando tamén con gran amabilidade as cuestións que xurdían ao longo do seu relato.


Á vez que faciamos a visita chegou un novo peregrino italiano e prestouse para que viran o que acontece cada vez que chega un novo peregrino ao albergue.
A mochila pesaba moito.
O folleto está na entrada.

Xa solicitaramos a Tomás axuda para contarlle
aos clientes que o noso colexio estaba a traballar o Camiño, por se colaboraban deixando escritas unhas palabras nun folleto feito por nós, e recoller historias da súa viaxe e editar con elas o décimo número do boletín escolar A VOZ DO VERDUGO. Está na recepción e xa ten algunha historia escrita.
 
Graciñas Tomás pola túa colaboración.

mércores, 15 de maio de 2019

Os maiores veñen ao colexio

Hoxe cambiou o conto na biblioteca!
Viñeron de visita seis maiores do Centro de Día BOAS APERTAS ao noso colexio.
Estiveron traballando nun mural colaborativo co alumnado de primeiro de primaria.
No Centro de Día estiveron traballando o Camiño de Santiago para logo facer este obradoiro en conxunto co alumnado.
As nenas e os nenos foron rotando para cortar, pintar, trenzar e pegar con todos maiores e elaborar así un magnífico mural sobre o Camiño.
Distribuímos as mesas na biblioteca de xeito que puideran circular mellor nos cambios de actividade.
O produto final desta colaboración inclusiva, foi un  fantástico mural do Camiño de Santiago e un entrañable encontro que, sendo o primeiro, non ha ser o último.
Despedímonos de cara a unha próxima reunión.
Queremos agradecerlle ao persoal do centro Boas Apertas por facer posible este memorable encontro.

martes, 14 de maio de 2019

Tino Lores

Tino Lores, presidente de la Asociación Amigos do Camiño Portugués de Pontevedra veu onte ao colexio para falar da súa experiencia como peregrino e levando o Albergue de Peregrinos de Pontevedra.
Deixou moi claro que o camiño comeza moito antes de botarse a andar
Credencial
Hai que programar as etapas, pescudar información e a localización dos albergues, decidir que equipaxe levar e conseguir a credencial de peregrino sen a cal non se pode durmir nos albergues públicos do camiño.
Ensinounos unha das súas credenciais e informounos que non se pode conseguir a Compostela sen ter a credencial debidamente cuberta e con todos os selos.
A Credencial podémola conseguir en parroquias, confrarías, albergues do camiño ou asociacións de amigos do camiño que teñan permiso da  catedral de Santiago.
Compostela 

Se queremos conseguir a Compostela temos que cumprir uns requisitos mínimos:
percorrer  a pé ou a cabalo 100 quilómetros,  200 se vas en bicicleta e ter dous selos por día.
Contestou todas as preguntas que lle fixeron os maiores.
Un par de nenos de infantil fixeron con el unha representación dun peregrino chegando para poñerlle o selo á credencial.


Graciñas Tino por compartir o teu tempo con nós.



martes, 30 de abril de 2019

Dálle á Lingua

OOOLA!!
OUTRO CURSO MÁIS DÁMOSLLE Á LINGUA.
ACHEGÓUSE ONTE ATA O COLE LORENA, DE ONDA CERO, E GRABOU NA BIBLIOTECA A UN GRUPO DE ALUMNAS E ALUMNOS  DE TODOS OS CURSOS.
LERON OS ARTIGOS QUE REDACTARON NAS AULAS PARA O BOLETÍN Nº9  DE A VOZ DO VERDUGO , ADICADO ÍNTEGRAMENTE AO 
CAMIÑO PORTUGUÉS DE SANTIAGO.
FIXÉSTELO ESTUPENDAMENTE.
A EMISIÓN DAS LECTURAS SERÁ   DO LUNS 3 DE XUÑO ATA O VENRES 14, DÚAS SEMANAS DE LUNS A VENRES. 
A PARTIR DAS 11:50 DA MAÑÁ. PODEREMOS ESCOITALO EN DIRECTO, EN ONDA CERO.
OLLO!, TOMADE NOTA: 
·       NA RADIO NO DIAL 103.6 FM.
·       NA APP SELECCIONANDO "Pontevedra".
ATA LOGUIÑO!

mércores, 10 de abril de 2019

A VOZ DO VERDUGO nº9

Xa temos un número máis do noso Boletín Escolar.
O contido dos artigos deste boletín xira arredor do  Camiño Portugués.
Ao longo do curso estase a traballar arredor do Camiño de Santiago, pero máis polo miúdo o Camiño Portugués, que é o que pasa pola nosa parroquia.

Este número plantexouse como un percorrido polos enclaves máis importantes polos que pasan os peregrinos e as peregrinas dende
Tui ata o Milladoiro, que é a última parada antes de chegar a Santiago de Compostela.



Noraboa polo traballo.

domingo, 31 de marzo de 2019

Visita ao Salón do Libro Infantil

Xa nos tardaba a visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra deste curso.
Recibíunos ORBIL na entrada. Como xa fora polo colexio os máis pequenos estaban doentes por velo de novo e na súa casa.
Esta edición, 20 anos van xa, ten como eixe "A Revolución" e a Lusofonía
Antonio García Teijeiro, autor homenaxeado desta edición do Salón do Libro, visitou o noso colexio curso pasado.

Repartímonos  por grupos coas monitoras para ir ás distintas actividades que nos tiñan preparadas.
O alumnado de infantil estivo coa escritora portuguesa Margarida Botelho contou varias historias comparando a vida de dúas rapazas nunha contorna de cidade e dunha aldea da Amazonia, de Mozambique e de Lisboa.
Logo visita polo salón facendo xogos, vendo os traballos presentados e aprendendo moitas cousas sobre inventos revolucionarios e unha pequena retrospectiva das anteriores edicións.
Os maiores de primaria fixeron unha visita máis polo miúdo.
É unha marabilla a creatividade que amosan as creacións presentadas e que dun tema común para todos haxa unha variedade tan grande de propostas.

 O noso traballo lucía ben vistoso na exposición.
Esperamos con gran emoción o tema da próxima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

venres, 15 de marzo de 2019

VOLTAS E REVOLTAS POLO CAMIÑO

Comezamos ao comezo do curso a andaina do Camiño de Santiago.
Para participar na XX edición do Salón do libro de Pontevedra, adicada “A REVOLUCIÓN”.
Acordamos facer a nosa propia Revolución e o traballo que presentamos "xira" arredor do Camiño.


Xa está listo o traballo para o Salón do Libro.
Agora verémolo exposto na visita que faremos o próximo 29 de marzo á exposición en Pontevedra.

xoves, 14 de marzo de 2019

Día de PI




Celebramos este día con variedade de actividades matemáticas.


En infantil representaron coas regretas psos na cidade de p


e ensartaron contas para facer pulseiras seguindo os primeiros díxitos do númerop.
 
Para celebrar o HAp DAY, os voluntarios axudaron colgar o mural no corredor,
 foron polas clases explicando que era p
repartiron pasteis co seu símbolo
e cantaronnos unha canción sobre o número p no ximnasio.

ATA LOGUIÑO!