Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Diversidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Diversidade. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de xuño de 2022

Festival de Clipmetrajes


Este curso participamos de novo no Festival de Clipmetraxes de Mans Unidas. Coa grabación dun vídeo búscase a sensibilización e implicación na loita contra as inxustizas e desigualdades. Ata agora sempre participaba o alumnado de Relixión de 6º de Primaria, pero nesta ocasión o grupo de 5º de Primaria animouse tamén.


O tema proposto foi “Pon o foco nos esquecidos”, co que se pretendía visibilizar realidades que parece que non existen porque non son noticia...

  “Otras noticias te reclaman”, vídeo de 5º e 6º de Primaria


Neste vídeo amósase que hai novas que non saen con frecuencia nos medios ou que son só pequenos titulares. Darlles voz e protagonismo debe ser o noso maior reto.

  “Contrastes injustos”, vídeo de 6ºe 5º de Primaria

https://youtu.be/7NinymK4MFw  

O vídeo denuncia que estamos disfrutando de dereitos que moitas veces non valoramos. E para outros seres humanos conseguilos sería o seu maior soño. 

O alumnado participante estivo moi motivado, aportando ideas e suxerencias. E sobre todo amosaron un gran interese e sensibilidade hacia as persoas e colectivos “esquecidos”.

venres, 15 de maio de 2020

Dia da Familia


OOOLA!!  

Estou un pouco preocupado
Non paran de chegarme mensaxes de xente abraiada por atopar durante os seus paseos luvas e máscaras ciscadas polo chan.
As medidas de hixiene son para previr os contaxios.
De momento non queda outra que usar as máscaras e luvas, cando nolo indiquen,  aínda que se poidan lavar e reutilizar algunhas delas ”non todas” chega un momento que hai que desbotalas nos cubos de lixo dos establecementos, ou nos da casa para botar despois ao contedor verde.
 NUNCA BOTALOS AO CHAN”
Ben sei que “vós” non o facedes, sodes ben aprendidos, pero si que podedes lembrarlle a quen non saiba e aos vosos coñecidos e familiares que non lle acorde que axuden a non contaminar propagando o virus, nin o planeta de paso.
Parabéns para todas as familias confinadas por máis de dous meses polo seu dia.
Xa queda menos para pasar a outra fase, pero “con sentidiño”.

Xa van chegando as vosas aportacións. Lembrade que aínda estades a tempo de mandar as vosas aportacións.
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

domingo, 3 de maio de 2020

Saúdos aos maiores


OOOLA!!
Esta mensaxe é para lembrarvos que as aportacións que mandastes para enviarlles unha mensaxe de Ánimo e darlles unha Boa Aperta aos nosos amigos e as nosas amigas maiores do Centro de Día Boas Apertas de Arcade.
Levamos colaborando moitos anos, vivindo unha experiencia inesquecible, compartindo actividades tanto no seu centro coma no noso colexio.
Nestes momentos tan complicados para todos non podemos esquecernos de todos eles.
Esperabamos con ledicia a vosa visita e quedámonos coas gañas, pero soamente este curso, xa que para o ano quedamos seguro.
Este agasallo é para vós nestes días tan estraños.
Unha Boa Aperta confinada
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

sábado, 2 de maio de 2020

2 de maio

OOOLA!!

Xa sei que onte choveu os sete choveres, que ir por flores era complicado, 
pero dentro do maio confinado, nos vale todo.
Como seguimos confinados, cunha pouquiña liberdade, se queredes podedes ir mandando os vosos maios cando vaia mellorando o tempo e poidades ou queirades facelos.
Todos os días deberían ser en contra contra o Bullying ou Acoso Escolar (ou de calquera tipo de violencia), contra todas as actitudes execrables... máis hoxe, 2 de maioé o
Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar.
Ollade estas curtas:


NON LLE FAGAS BULLYING A NINGUÉN!!!

NON SEXAS MONSTRO!!! 
NON SON UN XOGUETE!!!
SE VALIENTE COMO MARINA!!!
Estas curtas que vos traio non as escollín ao chou, 
hoxe é outro deses días nos que hai que facer visible, 
para toda persoa  que teña
   "Perdas de Memoria a Curto Prazo" como a de Dory" 
 o que temos que ter presente durante todo o tempo e 
durante todos os días do ano.
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

xoves, 16 de abril de 2020

Xoves 16


OOOLA!!

COMO ANDAN ESES ÁNIMOS?

BEN. XA SEI, AO FINAL AFACÉMONOS A TODO.

SABIADES QUE OS MAIORES QUEDARON TAMÉN SEN PODER IR AO SEU “COLE”? 
QUEDAN NA CASA COMA NÓS.
ONTE DIXEN QUE ERA TEMPO DE TRANSFORMACIÓNS,
POIS HOXE VAI A SEGUINTE:
LEVAMOS XA UNS CANTOS ANOS FACENDO ACTIVIDADES CONXUNTAS COS MAIORES DO CENTRO DE DIA “BOAS APERTAS” DE ARCADE.
 O ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA DESPRAZÁBASE ATA O CENTRO PARA CHARLAR, XOGAR E COMPARTIR O SEU TEMPO CON TOD@S EL@S.
FROITO DESTA INTERACCIÓN, O CURSO PASADO, DESPRAZÁRONSE ELES TAMÉN AO NOSO COLE PARA FACER CON NÓS UN MURAL CHULÍSIMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO.
FOI UNHA XORNADA ENTRAÑABLE.
 OLLADE                
 
ESTE ANO XA FALARAMOS DE AMPLIAR AS VISITAS, E SEGUIR FACENDO ACTIVIDADES CONXUNTAS ARREDOR DO PROXECTO DE CENTRO DESTE CURSO “PONTESAMPAIO, UN COLEXIO DE CINE”.


 IAMOS VER UNHAS CURTAS E COMENTALAS NO COLEXIO. DESPOIS UN GRUPIÑO DE VOLA ÍA IR ONDA ELES A PASAR UNHA XORNADA NO SEU CENTRO FACENDO DISTINTAS ACTIVIDADES.

TOCA CAMBIO:
COMPARTIMOS O NOSO TEMPO COS MAIORES”,

1,2,3 TACHÁAAAAAN!!

COMPARTIMOS COS MAIORES MENSAXES DE ÁNIMO,

COMO?   FÁCIL.
FACÉNDOLLES CHEGAR DEBUXOS, CARTIÑAS, AUDIOS, VÍDEOS CURTIÑOS (30 segundos máx.),...
 TODO PARA ANIMAR O SEU ESPÍRITU E ARRINCARLLES UN SORRISO, QUE SAIBAN QUE CONTAMOS CON ELES E NON OS ESQUECEMOS.

EN CANTO MANDEDES ESTAS ACTIVIDADES VOLUNTARIAS, AS QUE CHEGUEN ANTES DO 24 VAN NA PRIMEIRA ENTREGA, FARÉMOSLLAS CHEGAR EN COLABORACIÓN CO PERSOAL DO SEU CENTRO PARA QUE NINGÚN DELES QUEDE SEN UN AGARIMO ESPECIAL NOSO.
ENVIÁDEOS AO MEU ENDEREZO ELECTRÓNICO bibliopinco@gmail.com 
CO ASUNTO "OS MAIORES"
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS!!

mércores, 15 de abril de 2020

Mércores 15

OOOLA!!
COMEZAMOS XA O MES DOS LIBROS.
EN VEZ DE PENSAR O QUE NON PODEMOS FACER,
IMOS POÑERNOS CO QUE SI QUE PODEMOS FACER.

ESTE TEMPO É DE TRANSFORMACIÓNS

PARA ESTE MES TIÑA PREVISTAS UNHAS  ACTIVIDADES QUE MODIFICAMOS PARA PODER FACELAS  #QUEDANDONACASA 

A VISITA Á BIBLIOTECA DE ARCADE
1,2,3 TACHÁAAAAAN!!

CONVERTÍMOLA EN VISITAS A ALGUNHAS DAS BIBLIOTECAS MÁIS ESPETACULARES  QUE HAI POLO MUNDO ADIANTE E HOXE CON MÁIS RAZÓN TENDO EN CONTA QUE
É O DÍA DO ARTE.
 ALGUNHA DELAS SON OBRAS DE ARTE CON MAIÚSCULAS  POLA SÚA ARQUITECTURA, POLO SEU DESEÑO, POLA SÚA FUNCIONALIDADE E  SERVIZOS,  ...
PARA MOSTRA, UN BOTÓN:
AS MÁIS MODERNAS

    AS MÁIS BONITAS    

    AS MÁIS ESPECTACULARES    

AGORA VOUVOS ENSINAR ALGUNHA BIBLIOTECA INFANTIL
BIBLIOTECA   DE   BOSTON
BIBLIOTECA  PÚBLICA  DE  CINCINNATI
EN  SINGAPUR
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS!!

martes, 14 de abril de 2020

Martes 14

OOOLA!! 
           
ACABARON AS VACACIÓNS DE PASCUA, BENVIDAS VIRTUAIS AO TERCER TRIMESTRE DESTE PECULIAR CURSO.
COMEZAMOS ESTE XUNTOS 

HOXE IMOS COMEZAR CON UN SUBIDÓN DE LEDICIA GRACIAS A TOD@S VÓS.

REMATAMOS O TRIMESTRE PASADO NO COLEXIO CUNHA MOREA DE ACTIVIDADES DENTRO E FÓRA DO COLEXIO.

CADA VEZ QUE PROXECTABAMOS A MONTAXE DO LIPDUB QUE FIXEMOS NO COLEXIO PÍNTASEME UN GRAN SORRISO NA CARA.
AÍ VOLO DEIXO PARA QUE O GOCEDES DE NOVO AS VECES QUE QUEIRADES.
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS!!

venres, 10 de abril de 2020

Venres 10

OOOLA!!

HOXE POREIVOS OS VÍDEOS OU OS ENLACES
 PARA VER E ESCOITAR
 ALGÚNS DOS LIBROS DAS ÚLTIMAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS.
O PRIMEIRO É
"UN PUÑADO DE BOTONES"
SOBRE A DIVERSIDADE FAMILIAR,
ESCRITO POR  CARMEN PARETS LUQUE

SEGUNDO, UN CONTO DA AUTORA PATRICIA FITTI, LEMBRÁNDONOS CERTOS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO:
"EL NIÑO QUE NO QUERÍA SER AZUL, 
 LA NIÑA QUE NO QUERÍA SER ROSA"
E POR ÚLTIMO, QUE NON PEORDEIXO O CONTO DO AUTOR OLI,
CONTADO POR EL MESMO.
"OS RATOS DA CASA" 
 LOGO DE ESCOITALO PODEREDES ESCOLLER DENTRO DUNHA ESCOLMA DE TÍTULOS COMO 
OS TRES PORQUIÑOS, AQUILES, O PUNTIÑO, A QUE SABE A LÚA? E MOITOS OUTROS MÁIS QUE A
EDITORIAL KALANDRAKA 
PON A DISPOSICIÓN DE TODO O MUNDO
NA SECCIÓN DE CONTOS CONTADOS EN KALANDRAKA.TV

ESPERO QUE GOCEDES MOITO DOS CONTOS.

ÁNIMO FAMILIAS!
TODO  VAI  A  IR  BEN!! 

mércores, 1 de abril de 2020

Mércores 1 de abril

OOOLA!!  
AUGA E MÁIS AUGA 
CHOVA SOBRE NÓS
PARA QUE O TRIGO VEÑA FLORIDO; 
PARA QUE O CENTEO VEÑA BEN CHEO;
 PARA QUE A CEBADA VEÑA GRANADA.

      ESCOLLÍN DO REFRANEIRO GALEGO ESTE DITO.
CASE SEN ENTERARNOS ALÁ FOI MARZO E COMEZA O MES DE ABRIL.

 ABRIL É  MES DE MOITAS CONMEMORACIÓNS.

MAÑÁN, É O  DÍA MUNDIAL
 DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.


NESTES DÍAS DE QUEDAR EN CASA, PODEDES UNIRVOS A ESTA CAMPAÑA PARA VISIBILIZAR O TEA FACENDO UNHA FOTO OU UN VÍDEO: 
MIRADE ESTE VÍDEO E APRENDEREDES ALGO MÁIS SOBRE O
TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA: 


ÁNIMO FAMILIAS !
TODO  VAI  A  IR  BEN!!