Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta INCLUSIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INCLUSIÓN. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de maio de 2025

AS FAMILIAS CONTAN

 

Levamos xa uns cursos convidando ás familias a compartir arredor do mes dos libros, lecturas compartidas coas clases do seus fillos ou fillas.


Unha veces foi nas aulas, outras fóra.

Esta é unha pequena mostra das familias colaboradoras, máis foron máis as que participaron.




Agradecemos ás familias a participación e o tempo compartido.

venres, 3 de xuño de 2022

Festival de Clipmetrajes


Este curso participamos de novo no Festival de Clipmetraxes de Mans Unidas. Coa grabación dun vídeo búscase a sensibilización e implicación na loita contra as inxustizas e desigualdades. Ata agora sempre participaba o alumnado de Relixión de 6º de Primaria, pero nesta ocasión o grupo de 5º de Primaria animouse tamén.


O tema proposto foi “Pon o foco nos esquecidos”, co que se pretendía visibilizar realidades que parece que non existen porque non son noticia...

  “Otras noticias te reclaman”, vídeo de 5º e 6º de Primaria


Neste vídeo amósase que hai novas que non saen con frecuencia nos medios ou que son só pequenos titulares. Darlles voz e protagonismo debe ser o noso maior reto.

  “Contrastes injustos”, vídeo de 6ºe 5º de Primaria

https://youtu.be/7NinymK4MFw  

O vídeo denuncia que estamos disfrutando de dereitos que moitas veces non valoramos. E para outros seres humanos conseguilos sería o seu maior soño. 

O alumnado participante estivo moi motivado, aportando ideas e suxerencias. E sobre todo amosaron un gran interese e sensibilidade hacia as persoas e colectivos “esquecidos”.

xoves, 5 de marzo de 2020

Dr. Dolittle


Onte foi “UN DÍA DE CINE”, nunca mellor dito.
Dentro da programación do proxecto que estamos a desenvolver no colexio non podía faltar un pase de cine... nunha sala de cine.
Desprazámonos todo o colexio aos cines de Vialia, CINEXPO en Pontevedra para un pase de cine especial.

Houbo máis de un, que ía por vez primeira a ver unha película nunha Pantaia Grande de Cine.


                       Escollemos, dentro da carteleira desta semana, unha película que fora axeitada tanto para o alumnado de infantil  como para o de primaria:
“LAS AVENTURAS DEL DOCTOR DOLITTLE”.
 
Gozaron como nunca. Escoitábanse nada máis  risas, gargalladas e aplausos ao longo de toda a  proxección da película.


Cando rematou o pase, o alumnado de 5º e 6º de primaria foi ver as salas de proxección.
O resto do alumnado mirou unha cámara de proxección antiga que teñen exposta no corredor e miraron os carteis doutras películas.
  
Agradecemos ao persoal de CINEXPO en Pontevedra a atención prestada.

sábado, 16 de novembro de 2019

O Magosto

OOOLA!! 
NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA
QUE SORTE QUE TIVEMOS CO TEMPO!
MALIA TER AMAGADO CHOIVA, PUIDEMOS GOZAR DUNHA MAÑÁ CON XOGOS TRADICIONAIS E O MAGOSTO NO PATIO, XUNTO COAS FAMILIAS COLABORADORAS OUTRO ANO MÁIS.
COMO AS IMAXES VALEN MÁIS CAS PALABRAS, OLLADE:








 PASÁSTELO DE LUXO INDO DUN XOGO A OUTRO.

GUSTÓUME VER COMO O ALUMNADO DE MÁIS IDADE COIDABA DA CATIVADA.

AS NENAS E NENOS DE TRES ANIÑOS TIVERON O SEU PRIMEIRO MAGOSTO NO COLEXIO INDO DE XOGO EN XOGO AO SEU GUSTO, CUNHA MOREA DE VIXIANTES.

LOGO DE COMER AS CASTAÑAS AGASALLAMOS CUN DIPLOMA AOS FAMILIARES QUE VIÑERON AXUDAR NESTE MAGOSTO.
PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

APROVEITAMOS PARA REPARTIR OS PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN: 
LEVARON CADANSEU LIBRO COMO PREMIO.
REMATAMOS A FESTA TISNADOS
ABURIÑO!!


xoves, 14 de novembro de 2019

Dalle á Lingua

OOOLA!! 

 XA PODEMOS ESCOITAR AS LECTURAS QUE GRAVASTES DE “SUPERLÍDERES”, O RETO MOTIVADOR E O QUE FALTABA DE A VOZ DO VERDUGO Nº 9 AO LONGO DA SEMANA QUE VEN, DO LUNS 18 AO VENRES 22 DE NOVEMBRO.

LEMBRADE QUE VAN A EMITILO EN DIRECTO A PARTIR DAS 11:50 DA MAÑÁ EN Ondacero. PONTEVEDRA.

·        NO DIAL 103.6 FM
·        NA APP DE ONDACERO SELECCIONANDO "PONTEVEDRA".

DÉIXOVOS OS ENLACES PARA ESCOITALOS EN DIRECTO NA INTERNET:
SE QUEREDES ESCOITAR AS GRAVACIÓNS QUE EMITIRON EN XUÑO  PREMEDE AQUÍ!

ABURIÑO!!

venres, 1 de novembro de 2019

SAMAÍN


Outro ano máis chegou o Samaín ao colexio de PonteSampaio, máis este curso cun toque de Cine.



Preparamos relatos terroríficos, tivemos unha exposición cunha escolma de libros de bruxas, pantasmas, mostruos, vampiros, cabazas, e os favoritos foron os libros de "Mortiña" e o de "Los calzoncillos maléficos".

Colaboraron as familias preparando cos seus fillos e fillas unhas cabazas de medo, cun toque cinematográfico, como non! 
Houbo obradoiros de Cociña terrorífica, Contos de medo, Maquillaxe, Manualidades e proxeccións de Curtas de medo.

Nestes obradoiros participou todo o alumnado en grupos de distintos niveis que ían rotando dun obradoiro a outro. Parabéns para o alumnado voluntario de 5º e 6º curso de primaria que en todo momento estivo pendente dos máis cativos, tanto nos obradoiros como no túnel do terror.

Ao ser o segundo curso que se facía tivemos en conta as propostas de mellora do ano pasado.
Este curso quedou moi lucida a decoración do túnel do terror e a dramatización que fixeron nel os voluntarios.
Rematamos esta semana curta con cancións, conxuros e bailes terroríficos.
Parabéns para Noa, Xiana e Anxo que acadaron premios polas súas cabazas de película: "It", "BB8" e o primeiro premio para Anxo coa súa Cabaza dos "Cazafantasmas".
Non esquezades alumear as vosas casas coas cabazas  pola noite...
Agradecementos á Comunidade Educativa pola súa colaboración coas cabazas, os traxes e nos obradoiros deste curso. Graciñas!
Ahí vos queda un resumo en imaxes destas xornadas: preme a imaxe!!
Preme a imaxe!

mércores, 19 de xuño de 2019

As familias contan

             Estes últimos meses varias familias pasaron polo colexio para compartir cos máis pequenos unha sesión de lectura.









A familia de Andrea.












A familia de Mariña. 

















   




No patio coa nai de  Sabela, cando o tempo acompañóu.

Coa nai de Mauro, no patio tamén.
Viñeron tamén os avós de Eric.
 
Contounos a nai de María na aula de usos múltiples un conto a escuras.
Descubrimos que facían os duendes á noitiña coa nai de Anxo.

E hoxe rematamos na Biblioteca coa narración dos contos  "O lobo sen rabo" e

 a historia de "La Vaca que subió a un árbol", que nos contou a nai de Xoel.

Graciñas familias pola vosa colaboración.