Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

xoves, 27 de outubro de 2016

Relato Curto de 1º de primaria.

O COLEXIO DO TERROR

Hai moitos anos, en Ponte Sampaio, había un colexio rodeado dun bosque tenebroso. Un 31 de Outubro, o colexio estaba escuro, só había un profe zombi e unha vampiresa. O patio do recreo mirábase desde fóra cheo de teas de araña. Ese día era o máis horripilante, porque había sangue derramada por todas partes.
Ese día moi cedo chegaron todos os nenos das súas casas ao cole mortos de medo ao ver luces parpadeando polas xanelas do cole. No primeiro piso víase ao profe zombi na súa clase acompañado da vampiresa.
Os alumnos, asustados, tentaron acender as súas lanternas pero estaban estragadas. Decidiron chamar á porta, TUC,TUC,TUC. Achegouse un home cheo de sangue unha pequena nena díxolle: ábrenos a porta.
A porta abriuse cun chirrido. A vampiresa saíu de clase, baixou as escaleiras e levou aos nenos á clase encantada de 1º de primaria.
Na clase atopábase o profe zombi, que ao ver aos nenos preguntoulles: que facedes aquí?
Unha nena loura e moi guapa, con voz temblorosa dixo: vimos estudar.
O profe zombi, mirando á vampiresa, dixo: paréceme unha idea xenial! Se sodes valentes pasar e acender as luces. Os nenos temblorosos foron pasando e cando o último acendeu as luces...descubriron unha gran sorpresa!!

Era o día de Halloween e os profes preparáranlles unha festa sorpresa!!!!
Comeron chuches en forma de arañas, vermes, ollos..., flocos de millo patatillas e unha terrorífica torta de chocolate. Pasáronno pipa e sempre lembraron aquel día de Halloween.

FIN

martes, 25 de outubro de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA COA PARTICIPACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA EN DISTINTAS ACTIVIDADES:




O EQUIPO DE BIBLIOTECA PRESENTOU A MASCOTA DA BIBLIOTECA PINCO AO NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS E DEULLE OS CARNÉS/MARCADORES PARA USAR CANDO VAIAN Á  BIBLIOTECA. TAMÉN SE LLES DIXO COMO HAI QUE PORTARSE NELA E COMO COIDAR OS LIBROS.





 OS VOLUNTARIOS/AS 

DRAMATIZARON PARA TODO INFANTIL O CONTO DE "CARAPUCHIÑA VERMELLA" DUN XEITO MOI PARTICULAR.


            PASÁRONO MOI BEN           






TERESA, A NAI DE ANDREA E NOA, CONTOULLES AS NENAS E NENOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA O CONTO "Quen lle ten medo á bruxa"





NAS AULAS DE PRIMARIA REDACTARON CONTOS  DE MEDO.
COMPARTIRON  A LECTURA DOS RELATOS QUE MÁIS GUSTARON INDO POLAS DISTINTAS CLASES A CONTALOS. 


                      
Día BE BBP - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Relato Terrorífico da clase de 2º de primaria.

O ESQUELETO, A PRINCESA, A PANTASMA, A BRUXA E O MORCEGO

Era a noite do Samaín. Como pasa sempre nesta noite, cando o reloxio marca a unha, os esqueletos saen da tumba. E iso mesmo foi o que fixo Xerome Esqueletone, o esqueleto máis elegante de todo o cemiterio.  De repente oiu unha voz que viña dunha tumba.
 “Socorro, socorro!!!”.
Era unha princesa zombi cos buratos cheos de sangue,que se chamaba María Lisandra Castrovello e era a máis guapa de todo o mundo de ultratumba. Tamén apareceu unha bruxa boa e un morcego cun cóitelo cravado na cabeza. O morcego non era nin bo nin malo, é dicir, era regular. Xerome pediulles axuda e os dous axudáronlle a sacar á princesa da tumba. Despois o morcego preguntou:
-       Onde vas esqueleto?
   -  Vou á festa do Samaín que hai no cemiterio.
De súpeto apareceu unha pantasma mala que quería cazar á princesa. O morcego quixo atrapalo, pero non vía a maneira, así que se puxo a chorar lagrimiñas, pero non pasou nada. A bruxa, que era amiga de todos, pegoulle unha labazada e a pantasma levou á princesa ao Castelo embruxado. Todos decidiron ir rescatala. Saíron e atoparon unha casa abandonada con moitos monstros que facían unha festa e que estaban atrapados na trampa da pantasma.
        A bruxa preguntou:
     -Que facedes aquí?
     - Queremos divertirnos- contestaron eles.
   -Pois se non queredes ser prisoneiros da pantasma tedes que pedir tres desexos.
    -Eu quero un cadelo para comelo!!!- dixo o monstro máis feo.
   - Eu tamén o quero. Es un copión – dixo outro monstro moi enfadado.
   -Pois eu quero un xeado de sangue con ollos de cadáver- dixo o máis pequeno, que era moi porco.
    -Veña, que vos falta un desexo aínda –dixo a bruxa.
   -Pois eu quero moita comida sá para ter moi boa saúde – dixo o monstro máis listo.
Despois de dicir o terceiro desexo oiuse “Catapum, pum, pum...!!!” e o castelo derrubouse.
No medio das ruínas apareceu a princesa Lisandra máis fermosa ca nunca. A pantasma escapou a todo voar ao mundo das pantasmas malas e os monstros liberados empezaron a berrar de felicidade:
      -Viva a bruxa, viva Xerome, viva Lisandra, viva, vivaaaa!!!
  -E eu que? – dicía o morcego todo enrabechado...
    -Veña, non te enfades e vamos á festa do cemiterio – dixo a bruxa.
E alá marcharon todos, súper felices a celebrar a festa do Samaín cantando:
  
SAMAÍN, SAMAÍN
PARABAPAPÁ
PARABAPACHÍN
E

FIN

luns, 24 de outubro de 2016

BIBLIOPINCO

O NOME DA NOSA BIBLIOTECA


OLA!

DESPOIS DE TER FEITO A ENQUISA , NA QUE  PINCOTECA, BIBLIO COLE, BIBLIOPINCO, LIBROTECAARCOIRIS E BIBLIOTECA DE PINCO FORON OS NOMES MÁIS REPETIDOS; LOGO DA VOTACIÓN ENTRE ESTES, O NOME GAÑADOR FOI: 




domingo, 23 de outubro de 2016

BENVIDA DE PINCO

OLA !!!        QUE CANSO ESTOU !
LEVO DENDE SETEMBRO VIAXANDO POLA REDE PARA FACER A MUDANZA. 

A PARTIRES DE HOXE PODEDES SEGUIR AS MIÑAS AVENTURAS NESTE NOVO ENDEREZO.

ATA PRONTO