Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Outono. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Outono. Amosar todas as publicacións

sábado, 16 de novembro de 2019

O Magosto

OOOLA!! 
NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA
QUE SORTE QUE TIVEMOS CO TEMPO!
MALIA TER AMAGADO CHOIVA, PUIDEMOS GOZAR DUNHA MAÑÁ CON XOGOS TRADICIONAIS E O MAGOSTO NO PATIO, XUNTO COAS FAMILIAS COLABORADORAS OUTRO ANO MÁIS.
COMO AS IMAXES VALEN MÁIS CAS PALABRAS, OLLADE:








 PASÁSTELO DE LUXO INDO DUN XOGO A OUTRO.

GUSTÓUME VER COMO O ALUMNADO DE MÁIS IDADE COIDABA DA CATIVADA.

AS NENAS E NENOS DE TRES ANIÑOS TIVERON O SEU PRIMEIRO MAGOSTO NO COLEXIO INDO DE XOGO EN XOGO AO SEU GUSTO, CUNHA MOREA DE VIXIANTES.

LOGO DE COMER AS CASTAÑAS AGASALLAMOS CUN DIPLOMA AOS FAMILIARES QUE VIÑERON AXUDAR NESTE MAGOSTO.
PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

APROVEITAMOS PARA REPARTIR OS PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN: 
LEVARON CADANSEU LIBRO COMO PREMIO.
REMATAMOS A FESTA TISNADOS
ABURIÑO!!


venres, 16 de novembro de 2018

Magosto 2018

OOOLA!!
QUE SORTE TIVEMOS HOXE CO TEMPO NO MAGOSTO!
ESTE CURSO CONVIDAMOS ÁS FAMILIAS QUE QUIXERAN E POIDERAN A COMPARTIR CON NÓS OS XOGOS TRADICIONAIS NA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO COLEXIO.

XOGAMOS AOS XOGOS CLÁSICOS DO NOSO MAGOSTO E AOS TRADICIONAIS QUE NOS LEMBRARON ALGÚNS FAMILIARES COMO XOGAR.
FOMOS ROTANDO POLOS DISTINTOS XOGOS E APRENDENDO MOITOS OUTROS, QUE HAI NADA, XOGABAN OS NOSOS MAIORES.
XOGAMOS CON BOLAS,  BUXAINAS,  CHAPAS, CON CAROZOS, COS ZANCOS, Á GOMA, Á BILLARDA, COS AROS E POR SUPOSTO
 NON FALTARON AS  CARREIRAS DE SACOS.
 DESPOIS DE TANTO XOGO HABÍA FAME E AS CASTAÑAS VOARON.
AGASALLAMOS ÁS FAMILIAS CUN DIPLOMA.



COMO MANDA A TRADICIÓN,

 O QUE MÁIS E O QUE MENOS ACABOU TISNADO.

luns, 12 de novembro de 2018

Saída micolóxica.


Outro curso máis contamos no tempo do outono coa colaboración da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra.




Logo de ter unha pequena charla co alumnado de 1º de primaria e 6º de infantil saímos pola contorna do colexio na procura de cogomelos.
 
Despois de tanta choiva, e co sol destes dous días, o tempo era bastante propicio para atopar moitos cogomelos.


   Paseniño, paseniño apañamos bastantes cogomelos.




Ao final axudamos a Jaime, de Brincabois, a colocar os cogomelos que quedaron expostos e clasificados coa súa etiqueta os exemplares que atopamos para que o resto do alumnado e as familias puideran compartir a colleita e o que aprendemos.
 Se queredes podedes atopalos na entrada do colexio. 

sábado, 26 de novembro de 2016

ACTIVIDADE MICOLÓXICA

O mércores 9 de novembro veu Amancio, da Asociación micolóxica Brincabois, para dar unha charla e facer unha saída pola contorna na procura de cogumelos co alumnado de 2º e 4º de primaria.

 Atoparon unha Amanita Phaloides xusto na beira do río e fixeron unha exposición con toda a mostra.


 PREME AQUÍ PARA VER UN CÓMO FOI
EXPOSICIÓN DOS COGUMELOS RECOLLIDOS NA SAÍDA


sábado, 12 de novembro de 2016

ACTIVIDADE MICOLÓXICA


 O mércores 9 de novembro veu Amancio, da Asociación micolóxica Brincabois, para dar unha charla e facer unha saída pola contorna na procura de cogumelos co alumnado de 2º e 4º de primaria. 
 Atoparon unha Amanita Phaloides xusto na beira do río e fixeron unha exposición con toda a mostra. PREME AQUÍ PARA VER UN CÓMO FOI
Preme o enlace para ver máis.
www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d79959171k3970239o1l1/cogumelos-novembro-2016