Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 13 de maio de 2024

A FEIRA DA CIENCIA

     OOOOLA!! 


O 13 DE MAIO O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA PARTICIPOU NA TERCEIRA EDICIÓN DE DIVULGACIENCIA EN ARCADE CO TRABALLO 

"ECOSISTEMA DOS MICROORGANISMOS MONETARIOS"

ASÍ DE ESTUPENDO QUEDOU O NOSO ESPAZO DE EXPOSICIÓN

FORON TURNÁNDOSE PARA TER ATENDIDO O ESPAZO E IR PASANDO POLOSOS DEMÁIS EXPERIMENTOS PRESENTADOS POLOS OUTROS CENTROS EDUCATIVOS DA CONTORNA.

Á TARDIÑA PASARON MOITA RAPAZADA DO COLEXIO E MOITAS FAMILIAS INTERESADAS POLA INVESTIGACIÓN FEITA.

A PROFE MANOLI ACOMPAÑÓUNOS AO LONGO DE TODO O DÍA

PASOU TAMÉN O XURADO, LOGO DE AVALIAR O RESTO DOS PROXECTOS 

E

ACADAMOS O MELLOR PREMIO DA NOSA CATEGORÍA EN PRIMARIA:

" PREMIO AO RIGOR CIENTÍFICO"   

PARABÉNS!!
     SAÍMOS NA PRENSA:       

https://pontevedraviva.com/xeral/104149/ciencia-alameda-talo-rio-soutomaior-2024/

DEICA   LOGO!!

luns, 6 de maio de 2024

Ciberexpert@s.

OOOOLA!! 

 UN ANO MÁIS O ALUMNADO DE 6º CURSO DE PRIMARIA CONSEGUIU O CARNÉ DE CIBEREXPERT@S 

HOXE FOI A ENTREGA DOS CARNÉS NA SÚA AULA.

O SUBDELEGADO DO GOBERNO EN PONTEVEDRA, D. ABEL LOSADA, XUNTO CO COMISARIO PROVINCIAL DA POLICÍA NACIONAL D. JUAN JOSÉ DÍAZ MAILO DIRECTOR DO COLEXIO D. AVELINO CABALEIRO FIXERON A ENTREGA DOS CARNÉS DE CIBEREXPERT@ A TODO O ALUMNADO DE SEXTO CURSO.

O SUBDELEGADO DOULLES PARABÉNS POR TER SUPERADO ESTE CURSO, RECALCANDO A IMPORTANCIA DE COÑECER AS VANTAXES MAILOS RISCOS QUE IMPLICAN O USO DAS TECNOLOXÍAS.

ANIMOUNOS A  TRANSMITIR OS COÑECEMENTOS ADQUIRIDOS AO RESTO DE ALUMNADO E TAMÉN AXUDAR NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS A PAIS, NAIS AVÓS E AVOAS.

CONTAMOS CONTINUAR PARTICIPANDO NESTA ACTIVIDADE O CURSO QUE VEN.

     SAÍMOS NA PRENSA:       

https://www.pontevedraviva.com/xeral/103956/policia-nacional-cuatro-colegios-71-nuevos-ciberexpertos-carne/

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2024/05/06/subdelegacion-conciencia-escolares-ponte-sampaio-101992845.html

DEICA   LOGO!!

Pontenciencia

PARTICIPAMOS UN CURSO MÁIS NA

‘FEIRA DA MINI CIENCIA DE PONTEVEDRA: PONTENCIENCIA 2024’.

NESTA NOVENA EDICIÓN PRESENTAMOS UN PROXECTO NO APARTADO DE

CIENCIA NO COLE.

NA CLASE DE 6º DE PRIMARIA INVESTIGARON AO LONGO DO CURSO 

“O ECOSISTEMA MONETARIO DOS MICROORGANISMOS” 

TRABALLARON ARREO PARA PODER PRESENTAR AS CONCLUSIÓNS DAS INVESTIGACIÓNS REALIZADAS. 

 PREPARARON UN TRÍPTICO PARA EXPLICAR POLO MIÚDO A INVESTIGACIÓN E OS RESULTADOS DA MESMA.

LEVABAN CADANSEU CARNÉ CO DESEÑO FEITO NA AULA

ACERCÁRONSE O XOVES 3 A TARDIÑA PARA MONTAR O STAND DO COLEXIO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE FORESTAIS,  EN PONTEVEDRA.

O VENRES 4 DE MAIO SAÍRON Á MAÑÁ CEDO PARA DEFENDER O SEU PROXECTO  CIENCIA NO COLE  A PONTEVEDRA. 

CALQUERA DELES ESTABA BEN PREPARADO PARA PODER PRESENTAR E DEFENDER O TRABALLO FEITO NO COLEXIO CON AMPLA SOLVENCIA.

"O Ecosistema monetario dos microorganismos" 
Xabier e Xurxo defendendo o proxecto.
 Alba e Celia defendendo o proxecto.
Noa e Celia defendendo o proxecto.
Tati e Raúl defendendo o proxecto.
Mar e Eloy defendendo o proxecto.
TODO O ALUMNADO BEN EN PARELLAS OU EN TRÍOS FOI QUEN DE DEFENDER O SEU PROXECTO AO LONGO DA DURACIÓN DA FEIRA.

GOZARON CON DIFERENTES ACTIVIDADES E OBRADOIROS  AO LONGO DO DÍA ORGANIZADOS PARA OS PARTICIPANTES NO CERTAME: 

CIENCIA DIVERTIDA 

A QUÍMICA DO XABÓN

DÉRONLLES CADANSEU DIPLOMA MAILO PREMIO POLA INVESTIGACIÓN.

A  INVESTIGACIÓN FEITA NA NO COLEXIO  POLA CLASE DE 6º DE PRIMARIA 

   “O ECOSISTEMA MONETARIO DOS MICROORGANISMOS” 

 ACADOU O PREMIO: 

FOTO DO DIPLOMA


FOTO NO PATIO Co Diploma

NORABOA POLO TRABALLO BEN FEITO A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE E Á MESTRA MANOLI  POR GUIALOS E POLO TRABALLO QUE LEVASTES.

Somos noticia:

https://www.pontevedraviva.com/xeral/101314/feria-anual-pontenciencia-celebrara-3-4-mayo/

https://www.pontevedraviva.com/xeral/103713/cuenta-atras-celebracion-pontenciencia/

https://www.pontevedraviva.com/xeral/103904/29-investigaciones-pontenciencia-2024-estudiantes-campus-forestales/

xoves, 2 de maio de 2024

O MAIO 23-24

      OOOOLA!! 

MENUDO TRABALLO PASASTES HOXE!!

FOI UNHA MÁGOA TER QUE  FACELO DENTRO POLA CHUVIA.

TODO O COLEXIO SEMELLABA O OBRADOIRO DUNHA FLORISTERÍA OLÍMPICA.

XA QUE O NOSO PROXECTO ANUAL  XIRA ARREDOR DOS  XOGOS OLÍMPICOS

TIÑAMOS AS BANDEIRAS PREPARADAS DE ONTE NAS CLASES AGARDANDO PARA FORMAR PARTE DO MAIO

A TOTALIDADE DO ALUMNADO TRABALLOU COS CICLOS  MESTURADOS NAS AULAS DA PLANTA BAIXA.

🌼🌼NAS AULAS DE INFANTIL 🌼🌼

A RAPAZADA DA CLASE  3, 4 E 5 ANOS

 XUNTO COA DE TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA CORTARON 
E ENFIARON PAMPULLOS.

O ALUMNADO DE 2º  E  1º DE PRIMARIA

 COLONIZOU O CORREDOR CON MÁIS GRILANDAS 
🌻🌻🌻🌻🌻🌻

 🌺🌺 E MAQUILLAXE FLORAL 🌺🌺

NA SALA DE USOS MÚLTIPLES  O ALUMNADO DE 

5º E 6º CURSO  ENCARGOUSE DE ENFIAR  O FIUNCHO

E MONTALO  ARREDOR DO  ARMAZÓN DO MAIO

 COROADO POLO FACHO OLÍMPICO.

MAIS PAGOU A PENA LOGO DE TANTO ESFORZO O RESULTADO AQUÍ O TENDES:

AGORA TOCA LEVALO Á PISTA 

E COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA REMATAMOS A FESTA CANTANDO AS COPLAS DESTE CURSO ADICADO AO OLIMPISMO.



 AQUÍ ABAIXO TEDES OS VÍDEOS DAS RAPAZAS E RAPACES DE 6º CURSO CANTANDO O MAIO: 

QUIXERON RETRATARSE DIANTE DO MAGNÍFICO MAIO QUE NOS QUEDOU.

A CLASE DE 3 ANOS
A  CLASE  de  1º CURSO
A CLASE de 2º CURSO

A  CLASE de 4º CURSO

A CLASE de 5º CURSO

A  CLASE de 6º CURSO

POR SE NON SE ENTENDE BEN  NO VÍDEO DÉIXOVOS TAMÉN A LETRA QUE ESCRIBIRON :

HOXE AQUÍ EN PONTE SAMPAIO

IMOS TODOS CELEBRAR

QUE COMEZA O MES DE MAIO

VEN CONNOSCO A CANTAR

XA CHEGOU A PRIMAVERA

VEU CHEÍÑA DE EMOCIÓN

PREPARADE OS VOSOS POSTOS

RUMBO Á COMPETICIÓN

ESTE ANO NO COLEXIO

DEPORTISTAS IMOS SER

TEMOS UN DON NATURAL

XA O SABEMOS NÓS TAMÉN

CADA DÍA ENTRENAMOS

BAIXO A CHUVIA OU BAIXO O SOL

E CON MOITA DISCIPLINA

LOGRAREMOS O MELLOR

FÚTBOL, TENIS, BALONCESTO

ATLETISMO OU XADREZ

DESDE FRANCIA NOS DIRÁN

OH LA LÀ, VAIA NIVEL!

MENTRES OS CAMPOS FLORECEN

NOSO FACHO PRENDERÁ

SUBIREMOS Ó MÁIS ALTO

E NO PODIO NOS VERÁN

SEXAN OURO, PRATA OU BRONCE

AS MEDALLAS IMOS TER

PORQUE MOITO TRABALLAMOS

PRA SACAR O CURSO BEN

REMATAMOS ESTA FESTA

XA NOS TEMOS QUE MARCHAR

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE

GRAZAS POR PARTICIPAR

DEICA   LOGO!!