Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de decembro de 2025

25-N

     A PROPOSTA PARA REFLEXIONAR SOBRE ESTE  DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER  FOI UNHA REFLEXIÓN CONXUNTA SOBRE PALABRAS E ACCIÓNS QUE SON DE AMOR OU NON SEGUNDO AS CIRCUNSTANCIAS.

  ESCOLMA  DE  FONDOS  DA  BIBLIOTECA  

COAS PALABLAS ESCOLLIDAS ADORNARON OS PÉTALOS DE DÚAS FLORES E SERVIRON PARA ELABORAR O MURAL CONMEMORATIVO DESTE CURSO.

O RESULTADO DESTE  TRABALLO DE CONCIENCIACIÓN COLECTIVA

QUEDOU EXPOSTO NA ENTRADA DO COLEXIO PARA COMPARTIR CO RESTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA. 

domingo, 30 de novembro de 2025

SAMAÍN

 OOOOLA!!

REMATANDO O MES DE OUTUBRO, OUTRO SAMAÍN VAI CHEGANDO.

PARA A HORA DE LER UNHA ESCOLMA TERRORÍFICA PODEDES VER:


TEMOS MOITA SORTE COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS EN TODAS AS ACTIVIDADES QUE PREPARAMOS NESTE COLEXIO.

CASE XA É TRADICIÓN  ORGANIZAR UN OBRADOIRO INTERNIVEIS CON ACTIVIDADES RELACIONADAS COA TEMÁTICA DO SAMAÍN, NO QUE OUTRO CURSO MÁIS COLABORARON AS FAMILIAS EN TODO O QUE SE LLES SOLICITOU.

A RAPAZADA DE SEXTO FOI A ENCARGADA DE AXUDAR NAS TRANSICIÓNS DAS DISTINTAS ACTIVIDADES EN CADA QUENDA.

 O OBRADOIRO DAS LECTURAS TERRORÍFICAS NA BIBLIOTECA, FOI POR CONTA DAS VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA.

LECTURAS TERRORÍFICAS

VELAIVÁ UN RESUMO EN IMAXES DOS OUTROS OBRADOIROS POLOS QUE FOSTES ROTANDO:

MAQUILLAXE
XOGOS TENEBROSOS

ESCRITURA CREATIVA

ONTE ESCOITÉIVOS BERRAR CON GAÑAS AO PASAR POLO TÚNEL QUE VOS PREPARARON OS MAIORES



LOGO DOS SUSTOS E BERRIDOS POSASTES NO PHOTOCALL COMO SE NADA.

OLLO AS PINTAS ESPANTOSAS QUE LEVABADES:

 4º, 5º e 6º de Infantil. 
 2º Curso de Primaria. 
 2º Ciclo de E. Primaria. 
 3ºCiclo de E. Primaria. 
ESTAS SON AS CABAZAS GAÑADORAS DO CONCURSO 2025


AQUÍ ESTÁN OS ARTISTAS MÁIS VOTADOS

ESTE ANO TODOS OS PARTICIPANTES LEVARON CADANSEU DIPLOMA.

ATA  PRONTO !


venres, 29 de novembro de 2024

25-N

 

 "Da prehistoria ao presente 

 a violencia de xénero 

 non ten lugar en ningún tempo

Este foi o lema escollido para elaborar o cartel rexeitando a violencia de xénero este curso.

Todo o alumnado, en especial o de Infantil que deixou as súas pegadas, participou na elaboración.

Ao longo desta semana fixéronse diferentes accións para a concienciar ao alumnado.

O luns o alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria participou nun obradoiro da Cruz Vermella no que se abordaron mitos, desigualdades e estereotipos entre homes e mulleres.

Tamén destacar que ao longo da semana na hora de lectura o alumnado de 6º, que previamente estivo elaborando diferentes traballos sobre o 25N, foi expoñelos nas  aulas de infantil e primaria. Aquí tedes podedes ver o ben que o fixeron.

mércores, 11 de setembro de 2024

AS PEGADAS DO PASADO

  OOOOLA!! 



MIRADE QUE ENTRADA TAN CHULA MONTAMOS PARA DARVOS A BENVIDA!

OS DESFRACES QUE TIÑAN OS PROFES XA VOS DABAN UNHA IDEA DE QUE ÍA IR A HISTORIA...

BOTÁBAVOS DE MENOS LOGO DE BOTAR O VERÁN AQUÍ, 

NO COLEXIO.

AGORA QUE VIÑESTES EU ANDO A VOLTAS CON DOC POLA HISTORIA ADIANTE.


XA VEXO QUE RECIBISTES A CARTA QUE VOS MANDEI  POR CORREO A CADA CLASE COS RETOS PARA FACER HOXE,




 E QUE TRABALLASTES EN CONXUNTO PARA COMPLETAR AS MISIÓNS.


A LIÑA DE VIDA QUE ESTADES MONTANDO NO CORREDOR ESTÁ QUEDANDO  XENIAL.

MÁIS ADIANTE MANDAREIVOS OUTRAS MISIÓNS PARA FACER.

ESPERO QUE AS RESOLVADES TAN BEN COMO ESTAS DE HOXE.

A RAPAZADA DE INFANTIL

A RAPAZADA DE 1º CICLO

4º CURSO DE PRIMARIA

A RAPAZADA DO TERCEIRO CICLO

https://www.instagram.com/ceippontesampaio?igsh=MWI1cWZlcjg3N2lycA==

ATA  PRONTO!

domingo, 27 de novembro de 2022

OS CONTOS TAMÉN ABREN PORTAS CARA A IGUALDADE

  Como o PDI deste curso céntrase nos "contos", buscamos un lema relacionado con este:

“Os  contos  tamén  abren  portas  cara  a  igualdade” 

Expuxemos no corredor  unha escolma de fondos relacionados dalgunha forma coa violencia de xénero e a igualdade.

Ao longo da semana en todas as aulas foron coloreando unhas bolboretas,   para pegar nunha porta violetacomo na canción de Rozalén, que pintou a rapazada de Infantil.

Esta porta foi a base para realizar unha montaxe tridimensional 

Ao longo de varios recreos, un grupo de voluntari@s da biblioteca escolleron e prepararon o texto e as peticións de cancións para a primeira emisión do programa de radio  "Radio na Ponte" no recreo, repararon lecturas para ir a todas as clases na hora de ler despois do acto do centro na entrada do colexio o venres 25.

Comezamos o acto cunhas palabras do director Avelino relacionando o lema escollido co  Proxecto de Centro deste curso.

Gardamos un minuto de silencio por todas aquelas que xa non están.

Contemplamos o resultado do traballo cooperativo namentres cantamos a canción “A porta Violeta” de Rozalén cantando coas Tanxugueiras os coros en galego. Entramos ás aulas para gozar dunhas lecturas compartidas c@s voluntari@s da Biblioteca nas aulas.

Daniela e Xiana contaron "A historia dos bonobós con gafas" de (Adela Turín), na aula de 4º de Primaria.

 




Na aula de 5º de Infantil contaron  Mencía e Gabriel de sexto curso, 
a historia de  "Rosa Caramelo" de (Adela Turín),
e  da mesma autora, "Artur e Clementina",  foi a obra escollida por Diego, Lucía F. e Claudia de 5º P. para contar na clase de terceiro curso
 Andrea e Xurxovoluntari@s de 5º P., foron contar á clase de Infantil de 3 anos  a historia de  "Peúgo, o calcetín melenudo"


 
 de  Jessica Rodríguez con monicreques incluídos, que estivo presentando no noso colexio este conto o curso pasado.
Rubi,  a asistente de conversación de inglés, recentemente chegada de Inglaterra,  foi a encargada  da lectura de "It´s a pain to be a princess!
  de Carmen Gil  para o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria. 
Eloy e Noa , de 5ºcurso, escolleron e prepararon para contar en 6º curso de Infantil o libro de Raquel Díaz:  "Yo voy conmigo"
 As voluntarias de 6º curso de Primaria Noa e Marta foron co conto de 
"Maruxa", 
da autora Eva Mejuto  á clase de primeiro de Primaria.
Á vista está o que lles prestou!
 Xabier e Uxía, voluntari@s de 5º P.  foron a clase de 2º de Primaria para lles contar "O libro dos porcos" de Anthony Brown