Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

domingo, 26 de febreiro de 2017

ENTROIDO NA PONTE.

OOOLA!!!
Menuda xornada a de hoxe!!!
O tempo acompañou e tivemos un dia con sol.
Últimos preparativos, ensaios e retoques nos disfraces para saír ao patio.
Este ano houbo moitas clases que prepararon o seu disfrace na aula.
Os máis cativos escolleron ir de tigres.
A aula de catro anos de "PINCO".
 Na aula de 1º prepararon os seus disfraces de PANTALLAS.
Na clase de 4º de primaria prepararon o seu disfrace de BOTEIRO.Despois do desfile foi a lectura do
 Xuizo e  do Testamento de Don Inocencio".
Antía e Uxía lendo o xuizo e o testamento de Don Inocencio.
E como todos os anos, "CANTARICO" foi desplumado por o alumnado de infantil. 
Por último a tomar os doces que trouxeron da casa e a bailar.
Déixovos esta montaxe para que gocedes como eu.

Desfile 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Ata o próximo entroido!!

venres, 24 de febreiro de 2017

RosalíaTe


 Hoxe cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, unha das nosas grandes escritoras.
 Para conmemorar esta data tan importante, o colexio leva toda a semana inmerso en distintas actividades.
Nenos e nenas dea aula de 3 anos

 Os alumnos e alumnas decoraron nas aulas unha máscara coa faciana de Rosalía para levar durante a nosa  conmemoración.

 Ao longo da semana léronse poesías, escoitáronse  poemas musicados seus :


Prepararon uns poemas que declamaron onte.

 Comezaron os nenos e nenas de tres anos e remataron os alumnos e alumnas maiores.

 Houbo representación tanto do claustro como da ANPA do colexio.
 Por último, visionamos o poema musicado que se fixera no colexio hai catro anos!!
Algúns alumnos/as aínda están no colexio. 
Este é un resumo gráfico destas actividades.


PHOTOCALL

Este é o vistoso resultado da idea que tiveron na clase de terceiro de primaria. Diseñaron e elaboraron un cartel e complementos para facer un "photocall" do ENTROIDO.
Fixéronse moreas de fotos individuais e de curso.
Velaivá un vídeo co resumo da gran participación que tivo esta iniciativa
entre o alumnado. 

xoves, 23 de febreiro de 2017

PINCOMANDA VENRES

OOOLA!!!
PERO "QUE ELEGANCIA",
 VINDES BEN GUAPAS E GUAPOS.

 OS PROFES TAMÉN!! 
HOXE NON POÑEMOS O MANDIL!!
ASÍ TEN QUE SER,
 "HAI QUE LLE FACER CASO AS MIÑAS COMANDAS".
POIS AHÍ TEDES A DE MAÑÁ:


mércores, 22 de febreiro de 2017

PINCOMANDA XOVES

OOOLA!!!
VAIA LÍO QUE SE MONTOU.
FERIDOS POR AQUÍ, VENDAS POR ALÁ.
E PARA COLMO:

"SIMULACRO DE INCENDIO"
SEMELLABA UNHA VERDADEIRA CATÁSTROFE.
Xa veredes que fotos saliron diante do cartel... 



POIS ÍMOSLLE DAR A VOLTA:
O XOVES
 VIDE DE  "TIROS LARGOS" 

Compartindo o Entroido tradicional nas aulas.

Este luns tivemos unha sorpresa fantástica.
OLAIA, da aula de 4º, trouxo un disfrace de PANTALLA e foi por todas as aulas explicando como era o seu disfrace, como bailan as pantallas, que son características do entroido de Xinzo da Limia.


  OLAIA nas aulas de infantil de 4 anos e de 5 anos
Contestou, con moita paciencia as veces, todas as preguntas que lle fixeron.




  BAILANDO DE PANTALLA 
 

GRACIÑAS 
OLAIA POR COMPARTIRES CON NÓS TODO O QUE SABES DO ENTROIDO DE XINZO E POR TRAER O TEU DISFRACE.

martes, 21 de febreiro de 2017

PHOTOCALL ENTROIDO

Xa está operativo o "Photocall do Entroido".
A partir de mañá podedes pasar polo ximnasio a facer fotos diante do mural que fixeron na clase de 3º de primaria.
Escollede entre todos os elementos que vos prepararon  e
¡¡POSADE PARA AS FOTOS!!


PINCOMANDA MÉRCORES

OOOLA!!!
ZAPATOS DISTINTOS, CALCETÍNS CAMBIADOS, 
LAZOS NUN PÉ,...
BEN!!
ESTE MARTES NON ESTÁ MAL, MAIS O MÉRCORES ... 
¿QUE PASARÁ?

venres, 17 de febreiro de 2017

luns, 13 de febreiro de 2017


OOOOLA!!
NON PARO DE VER COMO TRABALLADES NOS VOSOS DISFRACES PARA FACER UNHA FESTA DE ENTROIDO FANTÁSTICA.

NOS ESQUEZADES QUE NO EXPOSITOR DA PLANTA BAIXA TEDES UNHA MOREA DE INFORMACIÓN PARA FACER DISFRACES, MÁSCARAS E MAQUILLAXE.

PROPÓÑOVOS TAMÉN UN PEQUENO XOGO DE INVESTIGACIÓN:
NOS ANDEIS DO EXPOSITOR FÍXENME UN LÍO, E  OS DISFRACES TÍPICOS DO ENTROIDO DE GALICIA ESTÁN DESPARELLADOS .
¿SABERÍADES EMPARELLALOS?

  1. PANTALLAS --------------------------------------(    )  Cobres
  2. MADAMAS E GALÁNS------------------------(    )  Xinzo do Limia
  3. CIGARRÓNS------------------------------------(    ) Comarca do Ulla
  4. OS XENERAIS----------------------------------(    )  Verín

 DEIXADE A VOSA RESPOSTA NA CAIXA DE ENQUISAS
HABERÁ UN PEQUENO AGASALLO AOS/ÁS QUE RESOLVAN O XOGO.
O PRAZO REMATA ESTE VENRES.

BOA SORTE!!

venres, 10 de febreiro de 2017

Visita de Braulio Bolecha

OOOLA!
QUE BEN O PASAMOS ESTE XOVES NA AULA DE PRIMEIRO.
BRAULIO BOLECHA VEU DE VISITA.

A VERDADE QUE  PREGUNTABA SEN PARAR. QUERÍA SABER DO ENTROIDO NO COLE, EN PONTEVEDRA E, COMO NON, CAL ÍA SER O  DISFRACE DESTE ANO.
CON ÁNXELA, SANTI E EDUARDO

PREGUNTÁNDOLLES A LUCÍA, ALBA, BREIXO E FÉLIX
TOLEANDO A LUIS, AROA E DIEGO
QUERENDO SABER O DISFRACE DE AARÓN E DE CARLOTA
BORJA, DIEGO E ANDREA ENSINÁNDOLLE ONDE ESTABA EL NO LIBRO.
TAMÉN LLE FIXO UNHA ENTREVISTA AO PROFE ALBERTO
EIQUÍ TEDES  A FOTO QUE SE FIXO BRAULIO CON TODA A CLASE 

O MELLOR DE TODO É QUE ESTIVERON GRABANDO TODAS AS ENTREVISTAS E...
IMOS SAIR NA TVG!!!!

XA VOS AVISAREMOS.