Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento e animación á Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento e animación á Lectura. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de marzo de 2026

ENTERRO DA SARDIÑA

 OOOOLA!

ALÁ FOI A NOSA SARDIÑA...

LOGO DE PINTAR CON MOITO COIDADO AS SÚAS ESCAMIÑAS DE CORES
 CON TÉMPERAS, ROTULADORES, PINTURAS DE DEDOS E PEGANDO PAPELIÑOS

VELÁRONA!
COMEZOU O PASAMENTO

ACOMPAÑÁRON A POBRE SARDIÑA 
E CHEGOU O MOMENTO MÁIS ESPERADO
NENAS E NENOS DA CLASE DE 3-4 ANOS
A VAREALA!!
NENAS E NENOS DA CLASE DE 5 ANOS
VAREÁDELA BEN!



LOGO DE VAREALA TO O QUE QUIXO, A POBRE SARDIÑA RACHÓU E COMPARTIU A SÚAS TRIPAS COA RAPAZADA.

O CURSO QUE ESTÁ POR VIR  REPETIREMOS.

ATA   LOGO!! 

venres, 13 de marzo de 2026

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

OOOOLA!! 

 QUE NON PARA A MÚSICA !!

 HOXE CHEGOU O DÍA DA VISITA A CASA DE ORBIL!

CHEGAMOS CEDO E APROVEITAMOS O TEMPO PARA PASAR UN TEMPIÑO NO PARQUE AO LADO DO PAZO, MENTRES ESPERABAMOS A NOSA QUENDA.

RECIBÍUNOS ORBIL DENTRO DO PAZO, NON ÍA DE FRAUTISTA COMO NO COLEXIO, DESTA VEZ ÍA DE ROQUEIRO.

SEPARÁMONOS EN TRES GRUPOS A FACER DISTINTAS ACTIVIDADES:

INFANTIL GOZOU CON RAQUEL. CONTÓULLES VARIAS HISTORIAS CON CANCIÓNS E  DRAMATIZACIÓNS NAS QUE PARTICIPARON CON GRANDE LEDICIA.

O ALUMNADO DE INFANTIL GOZOU DA CONTADA

O SALÓN ESTABA PRECIOSO.  PASÁMOLO MOI BEN.

INFANTIL GOZOU CON RAQUEL. CONTÓULLES VARIAS HISTORIAS CON CANCIÓNS E  DRAMATIZACIÓNS NAS QUE PARTICIPARON CON GRANDE LEDICIA.
O NOSO TRABALLO LUCÍA BEN CHULO!!
O ALUMNADO DO PRIMEIRO E SEGUNDO CICLO PASOUNO XENIAL.
TOCAMOS OS INSTRUMENTOS.

ATA   LOGO!! 

DÉIXOVOS UNS ENLACES Á CONTA DO INSTAGRAM DO COLEXIO.

https://www.instagram.com/p/DVqkhqBCAS3/?img_index=7&igsh=MXUyYndjeDQzdm5wbw==

https://www.instagram.com/p/DVqv2VciA_E/?img_index=3&igsh=MTZpdm16Mzg0a3k5Mw==

https://www.instagram.com/p/DVqjFIQCPBl/?igsh=OTQxZWM1bGIzZWcx

venres, 30 de maio de 2025

Relato curto

 OOOOLA!! 

ESTOU CONTENTÍSIMO DE QUE

 MARIÑA FORA FINALISTA NESTA  

XI EDICIÓN DO RELATO CURTO 

QUE CONVOCOU A FANPA.


RECIBIU O SEU DIPLOMA DAS MANS DE

PAULA CARBALLEIRANIN MÁIS NIN MENOS…

AGORA XA TES UNHA PUBLICACIÓN E ESPERO QUE SEXA A PRIMEIRA DE MOITAS MÁIS.

COMPARTO CON TODOS O TEU RELATO 

“VIVIR NA XUNQUEIRA” :

Cando eu era pequena leváronme ao meu fogar, que era preto do parque infantil da Xunqueira.

Eu era moi guapa: tiña a pel bastante bronceada polo sol e uns días levaba un vestido verde, outros un vestido verde con flores brancas e outros o vestido verde con puntos laranxas, todos eles moi fermosos.

A maioría da xente que ía ao parque ignorábame, pensaba que non podía falar e que non era divertida. Había algúns nenos como Cibrán, André, Carol e Mariña que xogaban comigo cando ían ao parque. Que feliz me sentía eu! Ata se lembraron do meu aniversario e preparáronme unha torta de laranxa e déronme un agasallo: un vestido verde, amarelo e marrón.

Pensaredes que agora xa era todo era felicidade, non? Pois estades equivocados. Un día viron uns homes gritando que me querían acoller e coidar eles mesmos de min. Eu non sabía que facer, encantábame o meu fogar agora que tiña amigos. E de súpeto apareceron os meus amigos defendéndome e sumóuselles todo o pobo. Os homes déronse por vencidos e deixáronme quedar en Ponte Sampaio o resto da miña vida. E con esas marcharon moi enfadados diante da feliz xente do lugar.

E así foi a vida da laranxeira do parque da Xunqueira.

Mariña na Biblioteca 

NORABOA, MARIÑA!!!