xoves, 23 de marzo de 2023
IX CERTAME RELATO CURTO
martes, 14 de marzo de 2023
PI DAY 14 MARZO 23
MENUDO HAΠ DAY PASAMOS HOXE!
CELEBRAMOS O DÍA DAS MATEMÁTICAS E DO
NÚMERO Π CUNHA MOREA DE ACTIVIDADES DIVERTIDÍSIMAS.
COMEZARON NA CLASE DE 5ºP PEGANDO OS
CÍRCULOS COA FRASE
EN TODOS OS SITIOS DO COLEXIO ONDE VÍAN CÍRCULOS, CILINDROS
E ESFERAS.
PRECISARON A ESCALEIRA DE JOSE, PORQUE ATA NO TEITO DERON CON Π.
PARA MOSTRA UN BOTÓN: |
AS NENAS E NENOS DE INFANTIL SAÍRON A BUSCAR AS PEGATINAS CIRCULARES DE Π QUE PEGARAN OS MAIORES DE SEXTO.
ATOPARON ATA AS
QUE ESTABAN PEGADAS NO TEITO.
EN CUARTO CURSO DE PRIMARIA TRABALLARON POR EQUIPOS, SAÍRON AO PATIO ARMADOS CON CINTAS MÉTRICAS E CALCULADORAS NA MAN.
MEDIRON,
ANOTARON, CALCULARON E... AS CONTAS SAÍAN,
O PICCIONARIO QUE FIXERON NA CLASE DE PRIMEIRO CURSO QUEDOU ESPECTACULAR.
A DE PALABRAS QUE LEVAN PI NA PRIMEIRA SÍLABA...
GUSTÁRONME MOITÍSIMO AS PULSEIRAS QUE
MONTARON EN SEXTO CON CONTAS DE CORES SEGUINDO OS AS CORES DOS DÍXITOS DO NÚMERO PI.
MONTARON TAMÉN UN MURAL COAS PRIMEIRAS CIFRAS
DE PI ARREDOR, NO CORREDOR DE ARRIBA.
venres, 10 de marzo de 2023
Conferencia 8-M
Como xa vos adiantamos, hoxe á mañá tivemos
a videoconferencia coa científica e antiga alumna do colexio Miriam Conde
Gómez.
Falounos dende o CHUS, no que fa o
último curso de doctorado.
Compartiu con nós unha presentación na
que contaba como foi a evolución da súa vida académica ata hoxe en día,
describiu o seu traballo científico nos distintos eidos nos que os desenvolveu.
Ensinousnos mulleres extraordinarias con traballos tradicionalmente realizados por homes.
Logo da súa presentación, respondeu as
preguntas que xurdiron entre o alumnado.
Contestou ás preguntas que lle
formularon alumnas e alumnos das clases de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Aprenderon que
Porque traballes na investigación, non tes
que ser aburrida, iso é máis o estereotipo das series de televisión.
Actualmente traballa no campo da saúde. No
seu equipo son todas mulleres, a directora do proxecto tamén.
Non notou ningunha inxustiza por ser
muller no traballo, so cun médico, pero era polo carácter del máis que nada.
Ao preguntarlle polo seu traballo coa
policía, dixo que os casos eran confidenciais, pero si que podía comentar que
axudou a identificar un cadáver que aparecera en África.
Como te sentes o chegares tan alto?
Non se sinte de ningunha maneira por
chegares tan alto, so pensa que quere chegar máis alá, seguir aprendendo.
Que hai moitas clases diferentes de cancro, pero de mama hai tres tipos que se diferencian polos marcadores tumorais.
Se non tivera estudado bioloxía, probablemente
optara por veterinaria, que está no mesmo ramo.
O tipo de cancro que investiga investigando
vai polo sangue normalmente aos pulmóns e aos ósos. Ver o cancro no sangue é bastante
difícil, pero agora podería dicir que é quen de facelo.
O que lle gusta da ciencia é poder saber e descubrir cousas que antes non se sabían. De pequena regaláronlle un microscopio e gustáballe mirar por el.
Miraba os debuxos de “Érase unha vez o corpo”.
Unha pregunta coa que non contaba Miriam
foi:
Que é a neuroxénesis?
Explicou que estudou un tempo o
comportamento das neuronas de pacientes con TEA, e que simplificando, é estudar como se xeran as neuronas.
A sesión de radio de hoxe estivo tamén centrada na conmemoración do 8 de marzo.
Durante a sesión de Hora de Ler, @s voluntari@s contaron na
Biblioteca a historia de algunhas mulleres como Hipatia de Alejandría, Concepción Arenal, Marie Curie e Mª Teresa Portela entre outras.
Todas elas destacaron en
disciplinas tradicionalmente masculinas ao alumnado de Primaria dos cursos máis
baixos.
mércores, 8 de marzo de 2023
DÍA DA MULLER
Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos o Día da
Muller.
Neste colexio traballamos pola igualdade
todos os días, mais nestas datas afondamos nela.
Acordamos elaborar un cartel colaborando
todo o alumnado e o profesorado do centro.
O lema escollido para o cartel desta conmemoración foi
“ELAS CONTAN, CONTAMOS CON ELAS”
O grupo de voluntari@s foi o encargado
de montar as letras do lema para montar a base.
Unha vez montada a base, todas as clases foron pasando ao longo da xornada pola biblioteca pegando os seus nomes,
Ao rematar de pegar o nome de todas as persoas do centro o cartel quedou exposto na entrada do colexio.
Continuarán mañá e o venres xa na Biblioteca, compartindo a historia destas mulleres con todo o alumnado de Primaria.
O venres 10, teremos unha videoconferencia cunha antiga alumna do colexio: Miriam González Conde .
Ela é Bióloga pola Universidade de Vigo onde fixo o Traballo de Fin de carreira e conseguiu unha beca de colaboración no Departamento de Xenética Evolutiva.
Actualmente está facendo os estudos
predoctorais na liña de biopsia líquida da Unidade Mixta ROCHE-CHUS.
FELIZ DÍA DA MULLER!
xoves, 2 de marzo de 2023
Nautilus
O grupo do segundo ciclo de E. Primaria, dentro
do proxecto anual do centro “Unha morea
de contos”, está investigando e traballando os contos de aventuras.
Onte foi día de teatro en Pontevedra. As alumnas
e os alumnos de terceiro e cuarto curso de primaria foron ver a obra “Nautilus. 20.000 leguas de viaxe submarino”,
da Compañía La Negra no teatro
Afundación.
Montaxe con imaxes de Afundación
https://drive.google.com/drive/folders/1rfVKjT8WpSL8x7tOvD5LAepWRB6j9zu2
Esta obra foi gañadora no ano 2020 do premio FETEN á
mellor proposta orixinal.
Como o tempo acompañou, puideron merendar na Alameda,
gozando do bo día e a compañía.