OOOOLA!!
NORABOA Athenea, Lola E Marta POR CHEGAR Á FINAL COS VOSOS RELATOS.
LEMBRADE QUE VAN SER PUBLICADOS.
NON PODO DEIXAR DE COMPARTILOS CON TOD@S VOS E EN CANTO TEÑA O LIBRO NA BIBLIOTECA PODEREDES LELOS ALÍ COMIGO.
A CEMPÉS QUE TIÑA DOUS PÉS (Athenea).
Nun pobo moi pequeno, vive unha
cempés chamada Néboa. A Néboa encántalle brincar, escalar, xogar ás
agochadas..., pero o que mais lle gustaba é bailar. É unha excelente bailarina
de baile galego, e aparte de bailar tamén sabe tocar a gaita.
Ata que un día, Néboa
estaba xogar as agochadas có seu amigo Lois, e de súpeto Néboa caeu nun montón
de espiñas moi afiadas. Lois foi correndo a xunto Néboa pero ela non respondía,
entón Lois colleu a Néboa e levouna a urxencias. Cando o médico xa lle fixera
todas as probas, saíu onde estaba Lois e díxolle :
- Síntoo moito Lois pero tivemos
que amputarlle todos os pés a Néboa, menos dous pés que estaban ben, porque as
espiñas xa estaban moi dentro da carne, e se non llas tivese amputado sufriría
moito.
Ao día seguinte xa lle deron a
alta a Néboa e puido volver á súa casa. Despois de moitos meses de
recuperación, Néboa xa puido volver a facer todo o que se propoñía, menos unha
cousa, o baile. Ao principio a xente pensaba que Néboa non era capaz de bailar
polo que pasou, pero en realidade era que se sentía incapaz.
Una noite Néboa estaba no seu
xardín, cando de repente pasou unha estrela fugaz e murmurou:
-Ti podes facer todo o que te
propoñas.
E así foi. A nosa cempés nunca se
rende, e con dous pés sigue bailando polo mundo adiante.
O VASO (Lola).
El era Adrián, un home alto, un home
estraño, un home que adoitaba vestir de cores alegres.
Pero un día, pasou algo, algo non tan
alegre para el, xa que o seu segredo, sería desvelado, e a verdade... non da
mellor forma.
Era un día calquera, un venres 13 do
1876, no que Adrián dirixíase ao seu restaurante favorito xunto cos seus
amigos, Lara e Hugo. A eles, encantáballes pasar alí todos os venres, pero o
que non sabían era que este, ía ser diferente.
Todo comezou normal, Lara, Hugo e Adrián
dirixíanse ao restaurante polo camiño de sempre, pola rúa Cazaespín. Como era
de esperar, chegaron sen ningún problema ao restaurante.
Alí, visualizaron a carta de bebidas, e
cada un pediu a que quería. Neste caso Lara pediu un zume de laranxa, Hugo unha
cervexa e Adrián pediu só un vaso de auga. Aquí seguía todo normal, ata que
Adrián comezou a comportarse de forma estraña, e sen querer tirou co
vaso de auga. Pero en verdade, o que si que foi verdadeiramente estraño foi cando
todos os invitados miraban horrorizados cara a súa mesa. Viran que o vaso
aparentemente caía da mesa por si solo, pero non puideron ver a Adrián. Isto
levantou moito as sospeitas, xa que os seus amigos si que o vían, coma sempre.
A xente comezou a debater este caso xa que ninguén conseguía facerse unha idea
deste acontecemento. Pasaban os minutos, as horas e os días, e tanto os amigos
de Adrián como o resto de persoas comezaron a desaparecer un por un. O máis
raro é que isto soamente pasou nesa rúa.
“Aínda hoxe en día non conseguimos saber
a razón”. - dixo a presentadora.
E de súpeto… ZAS, DESAPARECEU!!!
A CHAMADA (Marta).
Ela era Ana, unha muller alta, unha muller
estraña, unha muller que adoitaba vestir de negro, sobre todo ese día, o cal
non era un calquera, pois fai dous días tivo un acontecemento que ninguén se esperaría.
O 23 de maio, era o funeral da súa avoa
materna, un dos seres máis queridos da súa familia. Por desgracia, ela falecera
hai tres días, debido a unha enfermidade chamada Trecofacía.
Pero… mellor, comecemos pola parte máis
importante, o acontecemento.
Ese día, Ana, espertou triste, pero a pesar
disto, vestiuse e marchou cara alá. Como era de esperar, todo foi normal, a
xente lucía triste e a maioría vestía de negro. Cando todo cambiou non foi ata
que chegou o momento de volta. Ana falaba por teléfono distraidamente mentres
camiñaba por unha beirarrúa bastante estreita. Pasados uns minutos chocou con
alguén. Cando levanta a vista para desculparse, observa diante dela a figura da
súa avoa. Ela, non podía crer o que estaban a ver os seus ollos, polo tanto
intentou mirar cara outro lado e seguir o seu camiño, aínda que non puido
porque sentía que a estaban a observar. Ana, nerviosa, mira para atrás para
saber quen está a observala en realidade. Cando ao escoitar falar a esa persoa
dáse conta de que si, ela era a súa avoa.
Pero entón, quen morrera??
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
LEMBRADE QUE PARA ACADAR CALQUERA PREMIO, HAI QUE PARTICIPAR E PRESENTARSE.
NON VOLO VAN LEVAR Á CASA.
POR ISO DÁMOSLLE A NORABOA TAMÉN A Diego P., Claudia E Mencía QUE TAMÉN PRESENTARON OS SEUS RELATOS, POLO TANTO PODERÍAN TER CHEGADO A SÚA VEZ Á FINAL.
VOLOS TRES PODEDES TENTALO O PRÓXIMO CURSO NA CATEGORÍA DE SECUNDARIA.
O VENRES 23 DE XUÑO É A ENTREGA DE PREMIOS. FALTA POR SABER SE ALGUHA DE VOS ACADOU ALGÚN PREMIO MÁIS.
DÉIXOVOS O ENLACE PARA VER A LISTAXE DE FINALISTAS.
http://blogs.nontedurmas.org/certame/2023/06/02/relatos-seleccionados-e-finalistas-da-ix-edicion-do-certame-de-relato-curto/
APERTAS!!