Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

xoves, 24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas Escolares

OOOOLA!! 

COMO XA SEI QUE REPASASTES COS TITORES E TITORAS AS PARTES DUN LIBRO, QUE É O QUE NOS INDICAN AS ETIQUETAS QUE LEVAN NO LOMBO E QUE LEMBRASTES AS NORMAS DA BIBLIOTECA...

APROVEITEI ESTE FEITO PARA MANDARVOS OUTROS RETOS MÁIS, DISTINTOS PARA CADA AULA, PARA QUE POIDÉRADES COMPROBAR O QUE TIÑADES APRENDIDO. 

TAMÉN PARA QUE DE PASO BOTÁRADELLES UNHA OLLADA AOS NOVOS FONDOS RELACIONADOS CO PROXECTO NO QUE ESTAMOS TRABALLANDO ESTE CURSO.

HOXE, NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, FOI O DÍA DO COMEZO DUNHA VIAXE MOI ESPERADA CADA CURSO POR ESTAS DATAS.

COMEZARON NESTE DÍA A RULAR POLAS CASAS DAS FAMILIAS AS MALETAS VIAXEIRAS CHEAS DE CONTOS, XOGOS, INFORMACIÓN, PELÍCULAS,...

AS VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA ENCARGÁRONSE DE REPARTILAS POR TODAS AS AULAS DE PRIMARIA.

AO REMATAR O RECREO, NA HORA DE LER,  XUNTOUSE TODA A RAPAZADA DE INFANTIL, NO PATIO CUBERTO PARA GOZAR DA DRAMATIZACIÓN DO CONTO “CORRE, CORRE CABACIÑA” ,de Eva Mejuto, QUE MONTARON VARIAS VOLUNTARIAS VETERANAS DA BIBLIOTECA.

PREVIAMENTE BOTARON ALGÚN QUE OUTRO RECREO NA BIBLIOTECA PARA PREPARAR  E ENSAIAR ESTA LECTURA.

ATA  PRONTO!

mércores, 11 de setembro de 2024

AS PEGADAS DO PASADO

  OOOOLA!! 



MIRADE QUE ENTRADA TAN CHULA MONTAMOS PARA DARVOS A BENVIDA!

OS DESFRACES QUE TIÑAN OS PROFES XA VOS DABAN UNHA IDEA DE QUE ÍA IR A HISTORIA...

BOTÁBAVOS DE MENOS LOGO DE BOTAR O VERÁN AQUÍ, 

NO COLEXIO.

AGORA QUE VIÑESTES EU ANDO A VOLTAS CON DOC POLA HISTORIA ADIANTE.


XA VEXO QUE RECIBISTES A CARTA QUE VOS MANDEI  POR CORREO A CADA CLASE COS RETOS PARA FACER HOXE,




 E QUE TRABALLASTES EN CONXUNTO PARA COMPLETAR AS MISIÓNS.


A LIÑA DE VIDA QUE ESTADES MONTANDO NO CORREDOR ESTÁ QUEDANDO  XENIAL.

MÁIS ADIANTE MANDAREIVOS OUTRAS MISIÓNS PARA FACER.

ESPERO QUE AS RESOLVADES TAN BEN COMO ESTAS DE HOXE.

A RAPAZADA DE INFANTIL

A RAPAZADA DE 1º CICLO

4º CURSO DE PRIMARIA

A RAPAZADA DO TERCEIRO CICLO

https://www.instagram.com/ceippontesampaio?igsh=MWI1cWZlcjg3N2lycA==

ATA  PRONTO!

martes, 18 de xuño de 2024

Suxestións Lectoras para o verán.

 OOOOLA!! 


XA REMATOU OUTRO CURSO MÁIS!!

NON QUEDAN MÁIS QUE UN PAR DE DÍAS DE CLASE, PERO SEN TER QUE FACER NINGUNHA PROBA MÁIS.

AÍNDA QUE IDES LEVAR COAS VOSAS CUALIFICACIÓNS UN TRÍPTICO CON SUXESTIÓN DE LECTURAS VARIADAS PARA ESTAS LONGAS VACACIÓNS,

DÉIXOVOS AQUÍ UNHAS PUBLICADAS,

 SE QUEREDES CONSULTALAS EN CALQUERA SITIO OU SE AS EXTRAVIADES. 

ESPERO QUE GOCEDES CON ELAS.

 MIREI BEN QUE HOUBERA UN POUQUIÑO DE TODO:

 AVENTURAS, POESÍA, BANDA DESEÑADA, INFORMACIÓN; PARA GRANDES, PARA PEQUENAS E PEQUENOS, PARA QUE NOS LEAN OU PARA LER NÓS,...

DEICA   LOGO!!

venres, 7 de xuño de 2024

X CERTAME RELATO CURTO FANPA

   OOOOLA!! 

 NORABOA ATHENEA E CELIA!

CHEGASTES Á FINAL DESTA DÉCIMA EDICIÓN  DO CERTAME DO RELATO CURTO QUE ORGANIZA A FANPA EN PONTEVEDRA.


 

AGORA XA SODES ESCRITORAS COAS VOSAS OBRAS PUBLICADAS. OS VOSOS RELATOS GARDARÉINOS NA BIBLIOTECA XUNTO COS OUTROS ALUMNOS E ALUMNAS GALARDONADOS NOUTRAS EDICIÓNS DO RELATO CURTO.







GRACIÑAS POR VIR ENSINARME OS VOSOS DIPLOMAS E OS LIBROS.

XA SE VOS VÍAN ESAS MANEIRAS DE ESCRITORAS DENDE BEN PEQUENAS.
DÉIXOVOS ESTAS LEMBRANZAS DE CANDO COMEZASTES A ESCRIBIR.

 

 NON DEIXEDES DE ESCRIBIR, QUE TENDES MADEIRA DE ESCRITORAS.

                              DEICA   LOGO!!

luns, 13 de maio de 2024

A FEIRA DA CIENCIA

     OOOOLA!! 


O 13 DE MAIO O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA PARTICIPOU NA TERCEIRA EDICIÓN DE DIVULGACIENCIA EN ARCADE CO TRABALLO 

"ECOSISTEMA DOS MICROORGANISMOS MONETARIOS"

ASÍ DE ESTUPENDO QUEDOU O NOSO ESPAZO DE EXPOSICIÓN

FORON TURNÁNDOSE PARA TER ATENDIDO O ESPAZO E IR PASANDO POLOSOS DEMÁIS EXPERIMENTOS PRESENTADOS POLOS OUTROS CENTROS EDUCATIVOS DA CONTORNA.

Á TARDIÑA PASARON MOITA RAPAZADA DO COLEXIO E MOITAS FAMILIAS INTERESADAS POLA INVESTIGACIÓN FEITA.

A PROFE MANOLI ACOMPAÑÓUNOS AO LONGO DE TODO O DÍA

PASOU TAMÉN O XURADO, LOGO DE AVALIAR O RESTO DOS PROXECTOS 

E

ACADAMOS O MELLOR PREMIO DA NOSA CATEGORÍA EN PRIMARIA:

" PREMIO AO RIGOR CIENTÍFICO"   

PARABÉNS!!
     SAÍMOS NA PRENSA:       

https://pontevedraviva.com/xeral/104149/ciencia-alameda-talo-rio-soutomaior-2024/

DEICA   LOGO!!