Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 20 de xuño de 2022

Suxestións de lecturas para o verán

   OOOLA!!

ALÁ FOI OUTRO CURSO MÁIS!!

NON QUEDAN MÁIS QUE UN DÍAS DE CLASE, PERO XA SEN TER QUE FACER NINGUNHA PROBA MÁIS.

AÍNDA QUE IDES LEVAR COAS VOSAS CUALIFICACIÓNS UN TRÍPTICO CON SUXESTIÓN DE LECTURAS DIVERSAS PARA ESTAS VACACIÓNS,

 PARA PODER CONSULTALAS EN CALQUERA SITIO OU SE AS EXTRAVIADES,  DÉIXOVOS AQUÍ UNHAS PUBLICADAS. 

ESPERO QUE GOCEDES CON ELAS. MIREI BEN QUE HOUBERA UN POUQUIÑO DE TODO:

 AVENTURAS, POESÍA, BANDA DESEÑADA, INFORMACIÓN; PARA GRANDES, PARA PEQUENAS E PEQUENOS, PARA QUE NOS LEAN OU PARA LER NÓS,...

ABURIÑO!!

mércores, 8 de xuño de 2022

Pontenciencia

Participamos un curso máis na

‘IX Feira da Mini Ciencia de Pontevedra:

 PontenCiencia 2022’

Nesta edición presentamos dous proxectos, un por aula, no apartado de 

 Ciencia No Cole.

A clase de 5º de Primaria “O mellor amigo contra o frío: Poliéster vs Algodón” 

Na aula de 6º de Primaria prepararon “A movida das cores.

 

Comezaron a andaina no mes de febreiro cun obradoiro impartido no colexio sobre Métodos de Investigación, no que lles ensinaron como realizar unha investigación mailo protocolo a seguir de xeito lóxico e organizado e a forma de conseguir que os resultados obtidos nas súas indagacións foran tanto reproducibles como fiables.


Traballaron arreo para poder presentar as conclusións das investigacións realizadas o venres 20 cando fixeron a primeira exposición diante dunha colaboradora do certame, que lles deu algunha orientación para optimizar a presentación dos proxectos.

O alumnado de sexto preparou un Scrap book cos resultados obtidos.

Na clase de quinto curso prepararon un tríptico para explicar polo miúdo a investigación e os resultados da mesma.

Acercáronse o xoves a tardiña para montar o stand do colexio na EU de Forestais en Pontevedra.

Quedou montado o noso stand ben lucido e curioso.

O venres 27 de maio á mañá foron defender cadanseu proxecto do apartado Ciencia no Cole en Pontevedra 

Marta e Diana defendendo o proxecto 


"O mellor amigo contra o frío: Poliéster vs Algodón" 5º Primaria 

Andrea e Ánxela defendendo o proxecto

"A movida das Cores" 6º Primaria 

As defensoras dos proxectos do colexio contentas e relaxadas xa.

Gozaron con diferentes actividades e obradoiros  ao longo do día organizados para os participantes no certame.

A investigación da clase de 5º de Primaria acadou o segundo premio da novena edición de PontenCiencia 2022.

Menuda ledicia transmiten posando logo de recibir o premio. 


Noraboa polo traballo ben feito a todo o alumnado participante e aos mestres Manoli e Alejandro por guialos e polo traballo que levastes.

Somos noticia:

https://www.pontevedraviva.com/xeral/82156/pontenciencia-obradoiros-formacion-metodo-cientifico/

 https://www.pontevedraviva.com/xeral/85516/nueva-edicion-pontenciencia-convertira-campus-exhibicion-talento-escolar-homenaje-mujer-investigadora/?lang=gl

https://www.pontevedraviva.com/xeral/85665/novena-edicion-pontenciencia-ganadores/

https://www.pontevedraviva.com/xeral/85643/cerca-500-escolares-defienden-proyectos-cientificos-pontenciencia/

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/05/28/pontenciencia-premia-mejores-proyectos-investigacion-66638680.html

venres, 3 de xuño de 2022

Festival de Clipmetrajes


Este curso participamos de novo no Festival de Clipmetraxes de Mans Unidas. Coa grabación dun vídeo búscase a sensibilización e implicación na loita contra as inxustizas e desigualdades. Ata agora sempre participaba o alumnado de Relixión de 6º de Primaria, pero nesta ocasión o grupo de 5º de Primaria animouse tamén.


O tema proposto foi “Pon o foco nos esquecidos”, co que se pretendía visibilizar realidades que parece que non existen porque non son noticia...

  “Otras noticias te reclaman”, vídeo de 5º e 6º de Primaria


Neste vídeo amósase que hai novas que non saen con frecuencia nos medios ou que son só pequenos titulares. Darlles voz e protagonismo debe ser o noso maior reto.

  “Contrastes injustos”, vídeo de 6ºe 5º de Primaria

https://youtu.be/7NinymK4MFw  

O vídeo denuncia que estamos disfrutando de dereitos que moitas veces non valoramos. E para outros seres humanos conseguilos sería o seu maior soño. 

O alumnado participante estivo moi motivado, aportando ideas e suxerencias. E sobre todo amosaron un gran interese e sensibilidade hacia as persoas e colectivos “esquecidos”.