Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Escola Saudable. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escola Saudable. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de novembro de 2022

SAÍDA AO MERCADO

Hoxe visitamos o Mercado de Abastos de Pontevedra.

A primeira hora  as clases de 4º e 6º de Infantil e cando remataron, comezaron a súa visita 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria.

Coincidimos á hora da merenda. 

Visitaron os postos de peixe e marisco.

 Aprenderon distinguir o peixe azul do peixe branco, as femias  dos machos de crustáceos como as  centolas e as nécoras;

 

viron  polbos, tiburóns,  mantas raias,... 

Pasaron tamén pola chacinería e aprenderon os distintos nomes que ten a cabeza do porco

cacheira, cachucha, cachola, cachaza.

A visita rematou indo ao espazo do Ganapán, no primeiro andar do edificio.

Alí fixeron diferentes actividades.

venres, 15 de maio de 2020

Dia da Familia


OOOLA!!  

Estou un pouco preocupado
Non paran de chegarme mensaxes de xente abraiada por atopar durante os seus paseos luvas e máscaras ciscadas polo chan.
As medidas de hixiene son para previr os contaxios.
De momento non queda outra que usar as máscaras e luvas, cando nolo indiquen,  aínda que se poidan lavar e reutilizar algunhas delas ”non todas” chega un momento que hai que desbotalas nos cubos de lixo dos establecementos, ou nos da casa para botar despois ao contedor verde.
 NUNCA BOTALOS AO CHAN”
Ben sei que “vós” non o facedes, sodes ben aprendidos, pero si que podedes lembrarlle a quen non saiba e aos vosos coñecidos e familiares que non lle acorde que axuden a non contaminar propagando o virus, nin o planeta de paso.
Parabéns para todas as familias confinadas por máis de dous meses polo seu dia.
Xa queda menos para pasar a outra fase, pero “con sentidiño”.

Xa van chegando as vosas aportacións. Lembrade que aínda estades a tempo de mandar as vosas aportacións.
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

xoves, 26 de marzo de 2020

Xoves 26

OOOLA!! 

COMO ME RIN ONTE,
escoitei a Luis Piedrahita NA RADIO E CASI ESCACHO DA RISA.
QUEEE?   NON SABEDES QUEN É?

Luis Piedrahita É NADA MÁIS E NADA MENOS QUE HUMORISTA, ESCRITOR, DIRECTOR DE CINE, MAGO DAS COUSAS PEQUENAS, ILUSIONISTA,… UN ARTISTA COMO A COPA DUN PINO.
COMO ESTAMOS CO PROGRAMA DE ESCOLA SAUDABLE RECOMÉNDOVOS ESTE PROGRAMA DE COCIÑA/HUMOR DE Luis Piedrahita  1,2, CHEF! QUE VOS LEMBRA A IMPORTANCIA DE COMER DE FORMA SAUDABLE, OLLADE!


A QUE ESTÁ BEN!

POIS HOXE SÍNTOME MOI LEDO E VOUVOS POÑER UN CHISCO DE MAXIA DA MAN DE Luis Piedrahita.

ESTÁ A CONTAR PEQUENOS TRUCOS DE MAXIA PARA PASAR MELLOR ESTE SINFINAMENTO

 ABRA CADABRA, PREME AQUÍ

A QUE É POSITIVO BOTAR UNHAS RISAS?

OUTRO DIA CONTOVOS MÁIS DE Luis Piedrahita.

ÁNIMO FAMILIAS!
TODO  VAI  A  IR  BEN!!