Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Cartas a PINCO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cartas a PINCO. Amosar todas as publicacións

domingo, 3 de maio de 2020

Saúdos aos maiores


OOOLA!!
Esta mensaxe é para lembrarvos que as aportacións que mandastes para enviarlles unha mensaxe de Ánimo e darlles unha Boa Aperta aos nosos amigos e as nosas amigas maiores do Centro de Día Boas Apertas de Arcade.
Levamos colaborando moitos anos, vivindo unha experiencia inesquecible, compartindo actividades tanto no seu centro coma no noso colexio.
Nestes momentos tan complicados para todos non podemos esquecernos de todos eles.
Esperabamos con ledicia a vosa visita e quedámonos coas gañas, pero soamente este curso, xa que para o ano quedamos seguro.
Este agasallo é para vós nestes días tan estraños.
Unha Boa Aperta confinada
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

luns, 15 de maio de 2017

EMAIL DA AULA DE 2º DE PRIMARIA

Ola Pinco: Os nenos e nenas de 2º curso queremos mandarche un saúdo, unha aperta forte e un bico de cada un, ademais do conto que fixemos para a revista co cole, a ver se che gusta. 

Firmado por
Natalia, Toby, Aleixo, Javi, Uxía, Bruno, Alba, Laura, Alma e Leo.

P.D. Falta a nosa compañeira Aitana, que está de viaxe, pero tamén vai da súa parte.
Moitos bicos.