Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 18 de xuño de 2024

Suxestións Lectoras para o verán.

 OOOOLA!! 


XA REMATOU OUTRO CURSO MÁIS!!

NON QUEDAN MÁIS QUE UN PAR DE DÍAS DE CLASE, PERO SEN TER QUE FACER NINGUNHA PROBA MÁIS.

AÍNDA QUE IDES LEVAR COAS VOSAS CUALIFICACIÓNS UN TRÍPTICO CON SUXESTIÓN DE LECTURAS VARIADAS PARA ESTAS LONGAS VACACIÓNS,

DÉIXOVOS AQUÍ UNHAS PUBLICADAS,

 SE QUEREDES CONSULTALAS EN CALQUERA SITIO OU SE AS EXTRAVIADES. 

ESPERO QUE GOCEDES CON ELAS.

 MIREI BEN QUE HOUBERA UN POUQUIÑO DE TODO:

 AVENTURAS, POESÍA, BANDA DESEÑADA, INFORMACIÓN; PARA GRANDES, PARA PEQUENAS E PEQUENOS, PARA QUE NOS LEAN OU PARA LER NÓS,...

DEICA   LOGO!!

venres, 7 de xuño de 2024

X CERTAME RELATO CURTO FANPA

   OOOOLA!! 

 NORABOA ATHENEA E CELIA!

CHEGASTES Á FINAL DESTA DÉCIMA EDICIÓN  DO CERTAME DO RELATO CURTO QUE ORGANIZA A FANPA EN PONTEVEDRA.


 

AGORA XA SODES ESCRITORAS COAS VOSAS OBRAS PUBLICADAS. OS VOSOS RELATOS GARDARÉINOS NA BIBLIOTECA XUNTO COS OUTROS ALUMNOS E ALUMNAS GALARDONADOS NOUTRAS EDICIÓNS DO RELATO CURTO.







GRACIÑAS POR VIR ENSINARME OS VOSOS DIPLOMAS E OS LIBROS.

XA SE VOS VÍAN ESAS MANEIRAS DE ESCRITORAS DENDE BEN PEQUENAS.
DÉIXOVOS ESTAS LEMBRANZAS DE CANDO COMEZASTES A ESCRIBIR.

 

 NON DEIXEDES DE ESCRIBIR, QUE TENDES MADEIRA DE ESCRITORAS.

                              DEICA   LOGO!!