Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 23 de decembro de 2020

OOOLA!!  

XA QUEDA POUQUIÑO PARA REMATAR ESTE ANO.

NON É SIN TEMPO!

COMEZAMOS ESTE CURSO VÉNDONOS A MEDIAS, CUN MONTÓN DE NORMAS NOVAS PARA APRENDER E PROTOCOLOS A SEGUIR. A VERDADE QUE TODO ISTO É UN ROLLO, PERO COMO BEN SABEDES E APRENDESTES "MOI BEN", CÓMPRE FACELO POR UN TEMPO PARA NON DEIXAR QUE VEÑA O BECHO A VISITARNOS.

ESTE CURSO NON FOI POSIBLE FACER O FESTIVAL DE NADAL, PERO AÍNDA ASÍ, DESPEDIMOS ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE TAN COMPLEXO CON MOITAS E VARIADAS ACTIVIDADES.

FIXEMOS UNHA SELECCIÓN DE LIBROS, PELÍCULAS, PANXOLIÑAS E REVISTAS DA NOSA BIBLIOTECA PARA PODER USAR NAS ACTIVIDADES DE NADAL NAS AULAS.

PESCUDAMOS INFORMACIÓN DOS DIFERENTES XEITOS DE FESTEXAR O NADAL NO MUNDO.

GRAVAMOS UN VÍDEO NO QUE PARTICIPAMOS TODO O ALUMNADO E PROFES DO COLEXIO PARA FELICITAR AS FESTAS: 

CLICA AQUÍ PARA VELO
TARXETAS FINALISTAS
 FOI MOI, MOI DIFÍCIL ELIXIR ENTRE TODAS AS TARXETAS DE NADAL QUE FIXESTES NAS AULAS, PERO NA ÚLTIMA SELECCIÓN DAS POSTAIS FINALISTAS HOUBO UN POUQUIÑO DE TODOS OS CURSOS PARA FACER AS MONTAXES DEFINITIVAS E LEVASTES CADANSÚA PARA CASA.


DECORAMOS AS FIESTRAS E AS PORTAS DAS AULAS PARA DARLLE UN POUCO DE AIRE DE NADAL AO COLEXIO. NA ELECCIÓN CASE SEMPRE TRIUNFAN AS ÁRBORES...
OLLADE!

      OS NENOS E AS NENAS DE 5º DE PRIMARIA, ELABORARON E REDACTARON POR PARELLAS OS SEUS PROPIOS DIÁLOGOS NAS CLASES DE INGLÉS PARA FACER UN CHRISTMAS ROLE-PLAY (PEQUENAS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS), DÁNDOLLE UN TOQUE DE HUMOR.

      NA AULA DE 6º CURSO DE PRIMARIA PENSARON QUE NESTES TEMPOS TAN DIFÍCILES, FELICITARNOS AS FESTAS CUN FRAGMENTO DA CANCIÓN DE JONH LENNON “Happy Christmas”, PODÍANOS TRANSMITIR ESPERANZA E ILUSIÓN NESTAS DATAS TAN SINALADAS, E COA CANCIÓN DE MARIA CAREY “All I Want For Christmas Is You” TRANSMITIRNOS MOITA ALEGRÍA E GAÑAS DE FESTA. 
     
FOI NAS CLASES DE PLÁSTICA ONDE DESEÑARON E MONTARON O PHOTOCALL QUE APARECE NO VÍDEO QUE GRAVARON PARA DESEXARNOS UN BO NADAL A TODOS E TODAS "IN ENGLISH".

O VIRUS NON NOS VAI IMPEDIR DISFRUTAR DESTAS FESTAS!

HAVE A VERY MERRY CHRISTMAS AND A HAPPY NEW YEAR!!

POR SE ALGUÉN NON AS ATOPARA, AÍNDA QUE XA LEVASTES UNHAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL,  DÉIXOVOLAS AQUÍ TAMÉN.

LEMBRADE QUE LENDO PODEMOS VIAXAR A ONDE QUEIRAMOS.

E POR ÚLTIMO, COMO PREMIO AO FABULOSAMENTE BEN QUE VOS PORTASTES, REMATAMOS ESTE TRIMESTRE FESTEXANDO
 O FIN DE ANO E O NADAL POR ADIANTADO,  TOMANDO AS “UVAS” COAS BADALADAS RETRANSMITIDAS SIMULTANEAMENTE NAS PANTALLAS DE TODAS AS AULAS.
PARA POSTRE, NO RECREO HOUBO ROSCA E CHOCOLATE QUENTIÑO PARA CADA GRUPO NA ZONA ASIGNADA.
BOAS FESTAS!!   E NON ESQUEZAS

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!                   

   LAVA AS MANS!

FORA VIRUS!

venres, 18 de decembro de 2020

Recomendacións lectoras Nadal

OOOLA!!  

BOTEI TEMPO PROCURANDO ENTRE AS NOVIDADES DAS EDITORIAIS PARA RECOMENDARVOS UNHAS CANTAS LECTURAS E XOGOS QUE LLE PODEDES PEDIR NA CARTA A PAPÁ NOEL OU AOS REIS MAGOS.

ALGÚNS DESTES LIBROS ESTÁN XA NA BIBLIO, LEMBRADE QUE PODEDES OLLAR NO CATÁLOGO SE OS TEMOS NO COLEXIO ANTES DE ESCRIBIR AS CARTAS.

AQUÍ AS TEDES:

LEMBRA!!

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!

FORA VIRUS!

mércores, 25 de novembro de 2020

25-N

 A comunidade educativa do CEIP de Ponte Sampaio rexeita a violencia de calquera tipo e este rexeitamento está todo o tempo presente en todas as nosas ensinanzas, actuacións e actividades.

Ao longo destes dias incidimos en profundidade no porqué do Dia Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebrou onte, 25 de novembro.

Na aula de 5º de primaria pensaron como sería posible cambiar o conto:


Preme aquí para ver máis

Mural 1º primaria

Traballamos sen mesturarnos nas distintas aulas e por quendas baixamos ao ximnasio para montar o mural colectivo que quedou exposto no patio de entrada onte. 

Preme aquí para ver como se fixo


sábado, 14 de novembro de 2020

ESTE OUTONO NON DEIXAMOS ATRÁS O MAGOSTOESTA FESTA TAN NOSA DO MES DE NOVEMBRO. ADAPTÁMOLA AS CIRCUNSTANCIAS ACTUAIS.

NAS DISTINTAS AULAS E NIVEIS, FOMOS PREPARANDO OS TÍPICOS CUCURUCHOS PARA AS CASTAÑAS, Á VEZ QUE ESCOITABAMOS CANCIÓNS CON REFERENCIAS A ESTA TRADICIÓN DO OUTONO.

 



ESTE CURSO AS FAMILIAS COLABORARON ACHEGANDO UNHA PRESA DE CASTAÑAS PICADAS POR NENO/A E LEÑA PARA ASALAS.

ESPERAMOS O CURSO QUE VEN PODER CONTINUAR COS OBRADOIROS DE XOGOS TRADICIONAIS COA PRESENZA DAS FAMILIAS DO ALUMNADO.

 O TEMPO ACOMPAÑOU DURANTE A XORNADA E GOZAMOS DESTA TRADICIONAL FESTA COIDANDO AS MEDIDAS DE SEGURIDADE, GARDANDO AS DISTANCIAS E XOGANDO SEN MESTURARSE OS GRUPOS BURBULLA.

QUE SORTE TEMOS CO NOSO  CASTAÑEIRO JOSE. 

CON TODA A LEÑA QUE TRUXESTES ASOU AS CASTAÑAS  PARA COMELAS NOS GRUPIÑOS DE CLASE.

QUE BOAS ESTABAN!!

SAÍMOS NA PRENSA

martes, 3 de novembro de 2020

Samaín na Ponte 20-21

OOOLA!!  

SEGUIMOS DANDO VOLTAS POLO MUNDO NO SAMAÍN, PERO CON TODAS AS PRECAUCIÓNS PARA DEIXAR AO BECHO FÓRA DO COLE.

A PROPOSTA DESTE CURSO XIROU ARREDOR DO  LEMA DO NOSO Proxecto Anual de Centro

O NOSO MUNDO DEU A VOLTA

AGORA NÓS DAREMOS A VOLTA AO MUNDO

       PROPUXEMOS POÑER AS CABAZAS ALUMEANDO NAS CASAS Á NOITE, COMO TRADICIONALMENTE SE FACÍA POLO SAMAÍN, E COMPARTIR ESAS IMAXES CON NÓS.

ESTE VENRES HOUBO NAS AULAS DESFRACES TERRORÍFICOS,

 CORTOS, MERENDAS PAVOROSAS, 

CONTOS COLABORATIVOS E RELATOS DE MEDO:


POUCO A POUCO FORON CHEGANDO AS IMAXES DAS VOSAS APORTACIÓNS.

VELAIQUÍ PODEDES OLLAR A TERRORÍFICA IMAXINACIÓN QUE TENDES COAS IMAXES QUE MANDASTES.

HOUBO BASTANTES CABAZAS VIAXEIRAS,  PREPARADAS PARA DARLLE VOLTA AO MUNDO, COMA VÓS. 

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!

   LAVA AS MANS!

FORA VIRUS!

sábado, 24 de outubro de 2020

Día das Bibliotecas

OOOLA!!  

HOXE É O DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

       ONTE CELEBRAMOS NO COLEXIO ESTE DIA TRATANDO DE CONSERVAR A NORMALIDADE O MÁIS POSIBLE NESTES TEMPOS REVOLTOS.

      
         

  COMEZOU A ANDAINA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS POLAS CASAS DO NOSO ALUMNADO, MAIS POR SEGURIDADE, AO LEVAR NO INTERIOR MÁIS QUE LIBROS, COMBINAREMOS A VIAXE DE DÚAS MOCHILAS CON CONTIDO SIMILAR POR AULA. 

           

UNHA QUEDA COMIGO NA BIBLIOTECA E OUTRA SAE DE VIAXE. 

CANDO VEÑA DE VOLTA CAMBIAMOS UNHA POR OUTRA.

INICIARONSE OS PRÉSTAMOS DE LIBROS DA BIBLIOTECA.

CADA CURSO TEN ASIGNADO UNHA SESIÓN DE USO PREFERENTE PARA IR Á BIBLIOTECA.

        

SAÍRON NAS AULAS DE INFANTIL AS BOLSAS DE LIBROS QUE VEÑEN E VAN   E ESTE ANO TAMÉN AS LEVAN EN PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA.



AS MALETAS VIAXEIRAS XA ESTÁN A DAR VOLTAS EN INFANTIL.


NON O ESQUEZADES


LEVA SEMPRE A MÁSCARA!

   LAVA AS MANS!

FORA VIRUS!

venres, 11 de setembro de 2020

Benvida

OOOLA!! 

Que ledicia teño de vervos outra vez no cole.


Xa sei que ver, ver,... non vos vexo moi ben, todo o mundo está con máscaras, mais o que si que vexo moi ben é que estades ENOOORMES.

Canto medrastes!

O curso pasado foi de cine... de terror,  agora este tócanos viaxar: 

O NOSO MUNDO DEU A VOLTA

AGORA NÓS DAREMOS A VOLTA AO MUNDO

Cada aula irá viaxando polo mundo adiante.



Agora toca procurar seguir as normas que vos dixeron as mestras e os mestres antes de entrar no colexio. 
Hai que manter o becho a raia e fóra  do colexio.


LEVA SEMPRE A MÁSCARA!

FÓRA, VIRUS!

domingo, 21 de xuño de 2020

Comezo do verán e da nova normalidade

OOOLA!!  
Como vai ese ánimo?
Así, dia a dia, semana a semana e mes a mes pasaron 98 días nos que estivemos co estado de alarma.

A primavera chegou e pasou sen dactarnos case e xa estamos no verán.  Non vos esquecer que rematou o estado de alarma, pero o coronavirus non desapareceu, está aí e temos que seguir con precaucións.

Xa se que é complicado, pero é o que hai!

SENTIDIÑO é o que precisamos.

Lémbrovos as medidas de precaución que debemos seguir mantendo:

ü --> LAVA AS MANS CON FRECUENCIA

ü  --> EVITA TOCAR OS OLLOS, O NARIZ E A BOCA.

ü  --> USA MÁSCARA SE NON PODEMOS MANTER UNHA DISTANCIA SEGURA.

ü  --> AO TOSER OU ESBIRRAR, CUBRE A BOCA E O NARIZ CO CÓBADO FLEXIONADO.

ü  --> USA PANOS DESBOTABLES E BÓTAOS NO LIXO.

ü  --> A DISTANCIA DE SEGURIDADE É DE 2 METROS.

 Lembrade que o mellor xeito de reducir o risco de infección, de calquera tipo, é ter unha boa hixiene e evitar o contacto directo ou próximo (nunca a menos de 1 metro, e preferiblemente, 2 metros) Paseniño van abrindo os establecementos, pero o sentidiño que non falte.

Déixovos unhas recomendacións de lecturas para que teñades onde escoller este verán.

 


              Ata  setembro!

                                                  ÁNIMO FAMILIAS!

                                               XA QUEDA MENOS