Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Hora de Ler. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hora de Ler. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de decembro de 2021

O QUE MÁIS ME GUSTA FACER É...

Estes días de Nadal, as voluntarias da biblioteca, estiveron ollando e ordenando o andel 82-F, que é no que están os fondos que elaboran nas aulas e na biblioteca ao longo dos anos:

  Feito por Nós. 

Pasárono en grande relendo o libro viaxeiro que fixeran cando estaban na clase de 5º de infantil no curso 2013-2014, case nada.
 Como querían compartir ese momento tan agradable que pasaron, ao día seguinte foron na hora de ler á clase de 6º de primaria, onde estaban a maioría d@s autor@s deste fantástico caderno con moitas lembranzas para toda a nosa comunidade educativa.

As gargalladas escoitábanse por todo o corrredor...  

Neste vídeo podedes ollar o ben que o pasaron

Esperamos que gocedes mirando a montaxe.

martes, 21 de decembro de 2021

NADAL 2021 NA PONTE

 OOOOLA!!

 

REMATOU O TRIMESTRE E MAILO DURO QUE FOI POLAS BAIXAS ABUNDANTES QUE TIVEMOS POLA COVID-19, NON HOUBO QUE CONFINAR NINGUNHA AULA E SEGUIMOS PARA DIANTE.

TANTO PARA OS E AS QUE PUIDESTES VIR, COMO PARA AS E OS QUE QUEDASTES NA CASA CONFINADXS VOUVOS RESUMIR O QUE FIXEMOS ESTE ÚLTIMO MES DE DECEMBRO TAN ESTRAÑO OU MÁIS QUE O DO 2020.

QUERIAMOS TENTAR QUE FORA O MÁIS “NORMAL” POSIBLE, ESTE BECHO NON VAI PODER CON NÓS.

DECORAMOS AS PORTAS DAS AULAS CON MENSAXES DE ÁNIMO E ESPERANZA FEITOS NA CLASE.

ESTE CURSO GAÑARON CLARAMENTE AS ÁRBORES, PERO TODAS DIFERENTES, BEN LUCIDAS  E FEITAS COLABORANDO NA SÚA ELABORACIÓN.

RESPECTANDO AS TRADICIÓNS, ELABORAMOS AS POSTAIS DE NADAL PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA COS DEBUXOS DO ALUMNADO MÁIS PEQUENO E OS TEXTOS CREATIVOS DAS CLASES DE PRIMARIA.  

COSTOU UNHA BARBARIDADE DE TEMPO ESCOLLER ENTRE AS DIFERENTES OBRAS QUE PRESENTARON. AO FINAL COMBINAMOS OS DEBUXOS COAS TRASEIRAS E QUEDARON UNHAS POSTAIS PRECIOSAS.

  

ONTE GRAVAMOS O VÍDEO DE FELICITACIÓN CON TODO O ALUMNADO QUE PUIDO VIR AO COLEXIO PARA TODAS E TODOS OS QUE QUEDARON NA CASA. MIRÁMOLO HOXE NAS AULAS.

 OLLADE QUE CHULO QUEDOU...

HOUBO TEMPO PARA LER E XOGAR COAS NOVIDADES DA BIBLIOTECA, E COS FONDOS DO NADAL EXPOSTOS XUNTO A ÁRBORE ADORNADA COS NOSOS ADORNOS. 



@S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA AXUDARON A FACER A MENSAXE DE FELICITACIÓN PARA A EXPOSICIÓN DE NOVIDADES, QUE ESTE ANO FOI TAMÉN EN INGLÉS. 

A NOSA ORIENTADORA, BEA, FOI CONTANDO POLAS CLASES O CONTO ¿DÓNDE ESTÁN LAS REINAS DE ORIENTE?  DEIXANDO BEN CLARIÑO A LABOR  QUE FAN AS TRES RAÍÑAS.

 

MALIA NON PODER FACER UN FESTIVAL XUNTOS, VIÑEMOS MOI ELEGANTES PARA FACER UN FIN DE ANO PARTICULAR. 🎄☕🎄☕🎄☕🎄

COMPARTIMOS AS BADALADAS POR MEGAFONÍA ÁS DOCE DO MEDIODÍA TODAS AS AULAS TOMANDO “GUSANITOS” E LOGO UN CHOCOLATE CON ROSCA SEGUINDO TODAS AS MEDIDAS DE SEGURIDADE E BEN ABRIGADOS PORQUE AS FIESTRAS ESTABAN ABERTAS DE PAR EN PAR. 🎅🎄 🎅

HOXE LEVARON, XUNTO COAS NOTAS, OS TRÍPTICOS COAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL EN PAPEL.



LEMBRADE CONTINUAR COAS MEDIDAS DE HIXIENE, LAVADE AS MANS SEGUIDO, POÑEDE MÁSCARA E GARDADE DISTANCIA PARA VIR O ANO QUE VEN CON FORZAS RENOVADAS E CASE TODO O ALUMNADO VACINADO.

OLLO COAS DISTANCIAS!! 

🎅🎄🎄   FELIZ ANO 2022!!   🎄🎄 🎅

luns, 9 de marzo de 2020

Día da MULLER


Hoxe conmemoramos o Dia da Muller no colexio.
Como estamos a traballar o proxecto anual “Ponte Sampaio é de Cine”, acordamos pescudar información sobre mulleres relacionadas co sétimo arte: actrices, directoras, animadoras audiovisuais, protagonistas, guionistas, deseñadoras, …
Logo de atopar a información sintetizárona e prepararon un guión en todas as clases.
Para a exposición dos traballos foron rotando por todas as clases explicando cada un a muller que escolleran contando por  que e o que sabían e aprenderan delas. Contestaron as preguntas que xurdiron.
Este traballo de lecturas compartidas, comezámolo na sesión de hora de ler e alongouse o tempo necesario para completar as rotacións.


Logo de rematar as exposicións orais, reunímonos na sala de usos múltiples para ver todo o colexio xunto o vídeo que gravaran na biblioteca "A igualdade e coeducación en Ponte Sampaio" e o LipDub gravado por todo o centro o xoves pasado “Fábrica de luz”.

Logo das exposicións orais, os traballos quedaron expostos no taboleiro de Coeducación e Igualdade, na entrada.

venres, 14 de febreiro de 2020

PINCOMANDA LUNS

OOOLA!! 


HOXE É DÍA DE AMORES, DE  AMIZADE E DE CORAZÓNS.

XA SABEDES QUE OS MEUS AMORES SODES VÓS MAILA BIBLIOTECA.
O BUZÓN Á ENTRADA DA BIBLIOTECA ESTABA PETADO DE CARTAS E MENSAXES DE AMIZADE PARA AS PERSOAS ESPECIAIS DE CADA QUEN.
CLASIFICARON AS MENSAXES DO INTERIOR DO BUZÓN E OS ALUMNOS DE 3º

"MENSAXEIR@S DO AMOR E A AMIZADE DA AMIZADE" FORON DE REPARTO POLAS AULAS.

NA CLASE DE 4º PREPARARON UNHA RECEITA DA AMIZADE.
 FORON POLAS TODAS AS AULAS A LER OS INGREDIENTES ESENCIAIS E O XEITO DE PREPARALOS PARA QUE QUEDARA PERFECTA.

MAIS HOXE É TAMÉN O DÍA DA PRIMEIRA PINCOMANDA, A DO LUNS,  COMEZA O ENTROIDO NO COLE.
AÍ VOS VAI:

TOMADE NOTA!
ATA LOGUIÑO!

sábado, 14 de decembro de 2019

Luis Zahera

Non podiamos traballar nun proxecto sobre o cine sen ter contacto con alguén que o vivira moi de preto.
Que mellor xeito de aprender sobre o traballo dos actores e as actrices no cine que preguntarlle directamente a un deles?
Pincha aquí !

Pincha aquí para velo entrar





 Onte despregamos a alfombra vermella para recibir, nada menos que a 
Luís Zahera,
un actor que conta cun GOYA ao mellor actor de reparto, entre os moitos premios que leva acadados ao longo da súa traxectoria nas artes audiovisuais.


Ao longo de varias xornadas o alumnado pescudou información sobre o actor realizando despois unha presentación multimedia coa súa traxectoria artística que foi proxectada ao principio
Queredes ver de novo a montaxe que fixestes? Pincha aquí

Luís Zahera compartiu con nós unha xornada "de cine" na que contestou as moitas e variadas preguntas que lle fixeron.
A través das respostas que deu soubemos detalles sobre o que máis lle gustaba, e o que non tanto, da súa profesión. 
Ollade e escoitade o que pensaba cando era neno que ía ser ao medrar:
                              
Nas respostas que ía dando apuntaba detalles e información do que supón unha rodaxe e a terminoloxía que usan na rodaxe das películas e das series.
A súa materia preferida no colexio era a educación física.
Decidiu que quería ser actor logo de ir cunha das súas irmáns maiores ao teatro.

Non lle gustan nada nin os libros nin as películas de medo e tampouco os musicais.
 De ter que escoller un, Petróleo, da serie Mareas Vivas é o papel que recorda con máis agarimo, pero o traballo que máis lle gusta é o que está por vir...  
                                 Lembrade como o dixo:
                                            

Contou que nos seus papeis tocáballe case sempre ou morrer, ou matar ao actor protagonista.
Considérase moi afortunado na súa profesión por poder vivir exclusivamente do seu traballo como actor.
Malia ser case sempre o malo da película decatáronse pronto que soamente era "un papel", que na vida real era todo o contrario e todo o mundo quedou encantado coa súa amabilidade, sinxeleza e simpatía.

 Felicitou aos artistas que fixeron caricaturas da súa faciana, algunhas tiñan un parecido interesante.
  














Retratouse co alumnado de todas as clases e 



 deixounos as pegadas das súas mans plasmadas  nunha baldosa, para o noso particular paseo da fama, onde quedarán como lembranza desta memorable visita.

  
Graciñas Luis Zahera por facer un oco na túa axenda para acompañarnos nesta xornada tan especial.

Saímos na prensa:


luns, 25 de novembro de 2019

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra á Muller

OOOLA!! 
HOXE COMMEMORAMOS ESTE 25-N NO COLEXIO CUNS MURAIS ELABORADOS POLO ALUMNADO DE INFANTIL E DE CUARTO DE PRIMARIA QUE DEIXAMOS NA ENTRADA Á VISTA DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

 LEMBRADE QUE O MÁIS IMPORTANTE É TRABALLAR  TODOS OS DÍAS REXEITANDO A VIOLENCIA, EDUCAMOS EN IGUALDADE. 
                ABURIÑO!




sábado, 9 de novembro de 2019

Efecto PO2

Rematamos a semana cunha actividade que forma parte do proxecto "Efecto PO2" co que o noso Concello quere concienciar a toda a xente e ao alumnado en particular sobre os efectos que o CO2  provoca no noso planeta, a reciclaxe e para previr o  Cambio Climático.
Lorena e Sandra, as monitoras que viñeron, comezaron explicando o proxecto e conversando coa rapazada sobre como crían que podería ser a súa cidade ideal. O que lles gustaría que tivera para mellorala ou que houbera nela.
Presentaron e leron o libro de Eva Mejuto "A miña cidade" que xa forma parte da nosa biblioteca.   
Levaron unhas teas xa pintadas cun debuxo de tubos de escape da mesma ilustradora deste libro, Susana Suniagae deseguido elixiriron o tema para decorar os panos.

Comezaron en primaria e continuaron na sala de usos múltiples co alumnado de infantil de 4 e 5 anos. 
As teas, cento por cento orgánicas, tiñan serigrafíados debuxos  deseñados por  ilustradora do libro e xa estaban preparadas para pintar o fume que saía dos tubos de escape dos panos. 


Como as aulas máis grandes son as de 3º e 5º de primaria, quedaron nas súas aulas xunto coa metade de clase de cuarto curso cada un. A cada clase foi unha monitora.  Tiveron que porse dacordo nos equipos para escoller o tema arredor do cal debuxar cadansúa tea. Fixeron obras de arte.
 O día 27 de novembro, vanse expoñer todos os traballos que se fixeron en todos os centros na Alameda, no paseo das Palmeiras. Lerase un manifesto feito coas ideas e aportacións dos nenos e das nenas dos colexios que participaron nesta xenial actividade. 
Ide ver as vosas creacións.