Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 15 de decembro de 2023

Suxestións lectoras Nadal

 OOOOLA!!

XA ESTÁN AÍ AS VACACIÓNS POLO NADAL.

NO CORREDOR DA BIBLIOTECA 

DEIXEIVOS ALGUNHAS DAS NOVIDADES

DO NOSO CATÁLOGO.

NO ESPAZO DE LECTURA INFORMAL,

TEDES TAMÉN UNHA SELECCIÓN DE LIBROS E REVISTAS CON LECTURAS

 CON TEMÁTICA NAVIDEÑA. 

PARA QUE VAIADES ESCOLLENDO LECTURAS PARA INCLUIR NAS CARTAS PARA PAPÁ NOELO APALPADOR OU 

PARA OS REIS MAGOS

DEIXO AQUÍ UNHAS SUXESTIÓNS DE LECTURA

 QUE VOS FIXEN. 



ESPERO QUE VOS GUSTEN
BO     NADAL!!

venres, 1 de decembro de 2023

VAIA RITMO!

 O ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA DESPRAZOUSE HOXE ATA PONTEVEDRA PARA GOZAR CON MOITO RITMO, DA OBRA DE TEATRO DA COMPAÑÍA Odaiko Percussion Group

A OBRA REPRESENTOUSE NO TEATRO DE AFUNDACIÓN.

 AO REMATAR A ACTUACIÓN OS COMPOÑENTES DO GRUPO POSARON CO ALUMNADO.


sábado, 25 de novembro de 2023

25-N

     OOOOLA!! 

AO LONGO DE TODA A SEMANA, NO CORREDOR HOUBO UNHA ESCOLMA DE FONDOS DA BIBLIOTECA RELACIONADOS CO TEMA. 


ABORDAMOS ESTE CURSO NO CENTRO O TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO CO ALUMNADO A TRAVÉS DO CONTO

PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE SE LLEVÓ SU SONRISA

DE ESTELA MORENO BERMÚDEZ.

VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA LERON E PREPARARON O CONTO DE PEPUKA PARA IR POLAS AULAS NA HORA DE LER.

EN INFANTIL: 

NO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

NO SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA


E NO ÚLTIMO CICLO TAMÉN ESTIVERON

PREPARAMOS UN CARTEL PARA PÓR NA ENTRADA DO COLEXIO.

O LEMA ESCOLLIDO PARA O MURAL COOPERATIVO FOI:

 “QUE NO NOS QUITEN O SORRISO” 

TODO O ALUMNADO DO COLEXIO PASOU POR QUENDAS Á BIBLIOTECA E Á SALA DE USOS MÚLTIPLES PARA ESCRIBIR O SEU NOME E  DEBUXARLLE UN  SORRISO A PEPUKA.

REMATAMOS NA SALA DE USOS MÚLTIPLES O MURAL
LISTO PARA COLGAR!

AO REMATAR AS CLASES DO VENRES QUEDOU COLGADO FÓRA PARA COMPARTIR COA COMUNIDADE EDUCATIVA.

DEICA LOGO!!

mércores, 25 de outubro de 2023

Día das Bibliotecas Escolares.

  OOOOLA!! 

Xa estamos de volta!!

CELEBRAMOS HOXE O 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 

COMEZANDO COA ACTIVIDADE DAS

 MOCHILAS VIAXEIRAS

 NAS AULAS DE PRIMARIA.

COMEZOU TAMÉN A ANDAINA D@S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA DESTE CURSO 2023-24.

AO LONGO DA SESIÓN DE HORA DE LER FORON PASANDO POLAS AULAS DE PRIMARIA 

 FIXERON A ENTREGA DAS MOCHILAS E LEMBRAR A MECÁNICA DESTA ACTIVIDADE.

LEMBRÁRONLLES TAMÉN AS NORMAS DA BIBLIOTECA, CANDO PODÍAN IR E COMO TIÑAN QUE FACER PARA LEVAR LIBROS, XOGOS OU PELÍCULAS EN PRÉSTAMO.  

DINAMIZARON ESTE DÍA REALIZANDO A DRAMATIZACIÓN QUE PREPARARON NOS RECREOS DESTE MES DOS CONTOS "Corre, Corre Cabaciña",(de Inés Mejuto) PARA TODA A RAPAZADA DE INFANTIL.

PRESENTÁRONME AO NOVO ALUMNADO.

OUTRO GRUPO NA BIBLIOTECA CONTÓULLES A HISTORIA DE  "A Pantasma Colorida" (de Gema García) AO ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA AXUDADOS CON MONICREQUES.

NA SAÍDA ESTABAN DISPOSTOS PARA LEVAR ÁS CASAS UNHA MOREA DE FONDOS EXPURGADOS DA BIBLIOTECA.

ESTE É UN XEITO DE DARLLES UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE. 

DEICA LOGO!!

venres, 15 de setembro de 2023

 OOOOLA!


EU SON PINCO, A MASCOTA DA BIBLIOTECA DO COLEXIO. 

    VIVO AQUÍ, A BIBLIOTECA É A MIÑA CASA.

  É O NOME QUE ESCOLLESTES NUN CONCURSO, XA HAI UNS ANOS, PARA NOSA BIBLIOTECA

ESTOU ENCANTADO DE AXUDARVOS A ATOPAR LIBROS QUE FAGAN VOAR A VOSA IMAXINACIÓN, QUE NOS AXUDEN NA PESCUDA DA INFORMACIÓN PRECISA PARA REALIZAR TRABALLOS, ETC. 

TAMÉN PODEDES LER REVISTAS, XOGAR, OLLAR OS XORNAIS, ÁS PRODUCIÓNS “FEITO POR NÓS”  DE ANTERIORES CURSOS.

DENDE O CURSO 2012-2013 ACOMPÁÑANME @S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA, E DENDE ENTÓN, TODOS OS CURSOS O ALUMNADO DE 5º E 6º CURSO DE PRIMARIA QUE QUEIRA PODE SER VOLUNTARI@ DA BIBLIOTECA.


SOMOS CENTRO PLAMBE DENDE O CURSO
2015-2016.

TEMOS UN CATÁLOGO DE FONDOS ACTUALIZADOS DE LIBROS DE FICCIÓN E INFORMACIÓN, XOGOS, MATERIAL DE ROBÓTICA MÚSICA E PELÍCULAS QUE PODEDES LEVAR COMO PRÉSTAMO Á CASA. 

LEMBRADE PEDIR CO VOSO CARNÉ A ALGUNHA MESTRA DO EQUIPO DA BIBLIOTECA OU @S VOLUNTARI@S PARA QUE VOLO REXISTREN NO ORDENADOR CO PROGRAMA MEIGA.

NBUZÓN DE SUXESTIÓNS PODEDES PEDIR ALGÚN CONTO OU OUTRO LIBRO QUE NON ATOPEDES NA BIBLIOTECA.

NA BIBLIOTECA ESCOLAR PODEMOS GOZAR CON SESIÓNS DE CONTACONTOS, PROXECCIÓNS, VISITAS DE AUTORAS E AUTORES, ILUSTRADORES E ILUSTRADORAS, EXPOSICIÓNS, XOGOS DE MOITAS E VARIADAS CLASES, ROBOTS, TABLETAS, ORDENADORES NA SALA MULTIMEDIA, MÚSICA, RADIO, CLUB DE LECTURA,...

 MOITAS  DESTAS ACTIVIDADES REALÍZANSE NO RECREO, DURANTE A SESIÓN DE  HORA DE LER E/OU  NO HORARIO QUE TEDES ASIGNADO CADA CLASE.

HORARIO: A BIBLIOTECA ESCOLAR ESTÁ ABERTA TODOS OS RECREOS ATENDIDA POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA, TODOS OS DÍAS SEMPRE QUE HAXA PROFES DE GARDA. 

 AS TARDES DOS MÉRCORES ABRIMOS DE 16:00 A 18:00.

DEICA LOGO!!

luns, 19 de xuño de 2023

Suxestións lectoras

 OOOLA!!

ALÁ FOI OUTRO CURSO!!

NON QUEDAN MÁIS QUE DOUS DÍAS DE CLASE, PERO XA SEN TER QUE FACER NINGUNHA PROBA MÁIS.

AÍNDA QUE IDES LEVAR COAS VOSAS CUALIFICACIÓNS O TRÍPTICO CON SUXESTIÓN DE LECTURAS VARIADAS PARA ESTAS VACACIÓNS,

 PODEDES CONSULTALAS EN CALQUERA SITIO NO BLOG SE AS EXTRAVIADES. 

 DÉIXOVOS NESTA ENTRADA OUTRAS PUBLICADAS. 

BO  VERÁN  E  APERTAS!!