Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 19 de xuño de 2019

As familias contan

             Estes últimos meses varias familias pasaron polo colexio para compartir cos máis pequenos unha sesión de lectura.









A familia de Andrea.












A familia de Mariña. 

















   




No patio coa nai de  Sabela, cando o tempo acompañóu.

Coa nai de Mauro, no patio tamén.
Viñeron tamén os avós de Eric.
 
Contounos a nai de María na aula de usos múltiples un conto a escuras.
Descubrimos que facían os duendes á noitiña coa nai de Anxo.

E hoxe rematamos na Biblioteca coa narración dos contos  "O lobo sen rabo" e

 a historia de "La Vaca que subió a un árbol", que nos contou a nai de Xoel.

Graciñas familias pola vosa colaboración.

martes, 18 de xuño de 2019

Recomendacións lectoras para o verán

   QUEDAN TRES DÍAS PARA AS VACACIÓNS DE VERÁN!!
DÉIXOVOS ESTA GUÍA PARA LER, ESCOITAR E XOGAR, PARA OS MOMENTOS DE LECER QUE IDES TER AO LONGO DESTES DÍAS.


NON ESQUEZADES  TODO O QUE APRENDESTES SOBRE A RECICLAXE. 
LEMBRADE TEMOS QUE CONTINUAR COIDANDO O NOSO PLANETA CADA DÍA. 
QUE POIDA SEGUIR SENDO AZUL E NON PLÁSTICO
NON VOS ABURRADES, OU SÍ!. 
PORQUE AS GRANDES IDEAS PODEN VIR CANDO ESTAMOS ABURRIDOS.
 Á NOSA CABEZA VENLLE MOI BEN ARTELLAR QUE FACER NESES MOMENTOS.

ATA  LOGUIÑO!

domingo, 2 de xuño de 2019

DALLE Á LINGUA

OOOLA!!

A PARTIR DE MAÑÁN SAÍMOS NA RADIO.
 ÁS 11:50 COMEZAN A EMITIRSE  POLA RADIO E EN DIRECTO NA WEB, ALGÚNS DOS ARTIGOS DO CAMIÑO   PORTUGUÉS DE SANTIAGO QUE GRABASTES CON  LORENA, DE ONDACERO, NA BIBLIOTECA. 

LEMBRADE QUE AO LONGO DE DÚAS SEMANAS DE LUNS A VENRES, A PARTIR DAS 11:50, PODEREMOS ESCOITAR NA EMISORA DE RADIO ONDACERO, AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA NARRANDO PARTE DOS ARTIGOS.

PODEDES ESCOITALOS DE TRES XEITOS:

·       NA RADIO NO DIAL 103.6 FM.
·       NA APP SELECCIONANDO "Pontevedra".
·       E  NA INTERNET : https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/directo/

O RESTO DAS LECTURAS, AS DE SUPERLÍDERES, EMITIRANSE DE CARA AO MES DE OUTUBRO.
XA VOS AVISAREMOS.
ATA LOGUIÑO!