"Da prehistoria ao presente
a violencia de xénero
non ten lugar en ningún tempo"
Este foi o lema escollido para elaborar o cartel rexeitando a violencia de xénero este curso.
Todo o alumnado, en especial
o de Infantil que deixou as súas pegadas,
participou na elaboración.
Ao longo desta semana
fixéronse diferentes accións para a concienciar ao alumnado.
O luns o alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria participou nun obradoiro
da Cruz Vermella no que se abordaron mitos, desigualdades e estereotipos entre
homes e mulleres.
Tamén destacar que ao longo da semana na hora de lectura o alumnado de 6º, que previamente estivo elaborando diferentes traballos sobre o 25N, foi expoñelos nas aulas de infantil e primaria. Aquí tedes podedes ver o ben que o fixeron.
