Como o PDI deste curso céntrase nos "contos", buscamos un lema relacionado con este:
“Os contos tamén abren portas cara
a igualdade”
Expuxemos no corredor unha escolma de fondos relacionados dalgunha forma coa violencia de xénero e a igualdade.
Ao longo da semana en todas as aulas foron coloreando unhas bolboretas, para pegar nunha porta violeta, como na canción de Rozalén, que pintou a rapazada de Infantil.
Esta porta foi a base para realizar unha montaxe tridimensional
Ao longo de varios recreos, un grupo de voluntari@s da biblioteca escolleron e prepararon o texto e as peticións de cancións para a primeira emisión do programa de radio "Radio na Ponte" no recreo, repararon lecturas para ir a todas as clases na hora de ler despois do acto do centro na entrada do colexio o venres 25.
Comezamos o acto cunhas palabras do director Avelino relacionando o lema escollido co Proxecto de Centro deste curso.
Gardamos un minuto de silencio por todas aquelas que xa non están.
Contemplamos o resultado do traballo cooperativo namentres cantamos a canción “A porta Violeta” de Rozalén cantando coas Tanxugueiras os coros en galego. Entramos ás aulas para gozar dunhas lecturas compartidas c@s voluntari@s da Biblioteca nas aulas.
Daniela e Xiana contaron "A historia dos bonobós con gafas" de (Adela Turín), na aula de 4º de Primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario