Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

xoves, 19 de xaneiro de 2017

RELATO CURTO

OOLA!

ACABAN DE CHEGARNOS DOUS EXEMPLARES DO IV CERTAME DE RELATO CURTO AO COLE.
 VEN PUBLICADO O RELATO DE MARTA ALONSO  "CANDO AS NUBES CHORAN"QUE FOI FINALISTA DE PRIMARIA.
AHÍ VOS DEIXO O RELATO DE MARTA PARA QUE O LEADES.
CANDO AS NUBES CHORAN
En ocasións, cando vexo o Sol, el mírame cun sorriso e póñome pálida. Nunca creo o que ven os meus ollos! Cando el chega, eu teño que marchar obrigatoriamente, pois aí é cando amouco e boto a chorar. Non o podo ver, e tampouco conversar con el. Á xente anóxaa que eu chore, pois acaban mollados, pero non podo conter a tristura. Eu quero o Sol, pero sempre pasa isto: todos queren que as nubes coma min se vaian, e que o Sol quede. En fin… que esteamos separados.
Hoxe fórmase o arco da vella, polo que é o único día no que podemos estar xuntos. Todas nós nos aviamos e aparecemos alí. Eu e o Sol conversamos, pero moi arredados, descubrín que lle gusta a miña cor de gotas de ácido sulfúrico, e que lle parezo máis bela ca as demais. O arco da vella comeza a se desfacer, e o Sol mándame un raio que deixa parte do meu corpo dunha cor amarela brillante e a outra como xa a tiña. Quedo durmida e axiña esperto. É noite e vexo o Sol. Estou diante del dobrada, tapándoo. A miña parte de cor natural está detrás da outra parte amarela. El está esperto, e eu por fin podía estar preto del sen medo a que non volvese. Falamos toda a noite, que para nós era día, grazas á miña luz e á súa. Pregúntolle que me está pasando e por que estamos xuntos. El dime que o que fixera fora mudarme en Lúa para poder verme, falarme e adularme todas as noites, e que ninguén nos afastaría ata que el se apagase.
Dende agora, as xentes nunca verán que esta nube chore. Nunca a carón do Sol.
SE QUEREDES LER OUTROS VIDE Á BIBLIOTECA E PEDIDE O LIBRO.

ESTAS SON AS BASES SE QUEREDES PARTICIPAR NO CERTAME DESTE ANO:

Bases da V Edición

Bases do V Certame de Relato Curto con publicación UN RELATO CURTO narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións. Mostra o que ocorre e ensina a historia a través da acción estruturada en tres partes (introdución, nó e desenlace)…
PINCO

Ningún comentario:

Publicar un comentario