Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 24 de abril de 2017

DIA MUNDIAL DO LIBRO.



O luns 24 Celebramos no colexio 
Día Mundial do Libro
Durante o recreo, como todos os luns, os voluntarios e voluntarias da Biblioteca levaron ao patio de recreo a
  BIBLIOPATIO .

 Na sesión de "Hora de Ler" as alumnas e alumnos Voluntari@s da Biblioteca recolleron aos máis cativos (os de tres aniños) que xa os coñecen ben das sesións de contacontos e monicreques aos que os teñen afeitos ao longo do curso. 
(Para axilizar a actividade, o venres xa quedaron preparados os libros que  cadaquén ía levar). 

Había libros de dinosaurios, de transportes, de amizade, contos clásicos/populares -que non falten- e incluso un atlas ilustrado que tivo moito éxito.
O tempo acompañou e podemos sair ao patio e gozar do maravilloso dia que facía.
Espalláronse bastante, había grupos lendo nos columpios, nas porterías, no patio cuberto, nos muretes de pedra,… o caso é que foi outra xornada de ledicia, das que lle acorda cada ano
   e sempre, sempre queren repetir.  


Á hora de recoller remolonearon un pouco e entraron paseniño, cun sorriso na cara.
Rematamos as actividades do día coa    Lectura colectiva    dun capítulo de  D.Quijote  no patio cuberto, diante do mural dunha escena dos muíños de vento, feito por nós hai varios anos.
 Entre o profesor Avelino, dúas voluntarias da biblioteca (Joana e Érika), a nai de Mar, o pai de Xabier, Alicia(a coidadora do centro) e o profe Alberto, fixeron a lectura colectiva do capítulo Aventura de los odres de vino.
 Esta actividade estaba aberta a toda a Comunidade Educativa. Viñeron algún país e avós.
Se queres ver máis e ESCOITAR deixámosvos este vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario