Despois de meses artellando distintos modelos para confirmar a hipótese de se o movemento
perpétuo existía ou non, o resultado foron estes artefactos que aquí vos amosamos.
O xoves quedou montado o stand do proxecto do colexio:
"A mentira do movemento perpétuo".
Onte foi a presentación do proxecto ante o xurado. E unha chea de actividades e experimentos para todos os colexios participantes.
Hoxe foi a xornada dos proxectos das familias e de acceso libre ao público en xeral.
Todos e todas levaron cadanseu diploma de participante.
Levamos un diploma, un castiñeiro e un xogo de cartas para o colexio.
Agora exporemos para o colexio o noso proxecto.
NORABOA POLO TRABALLO FEITO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario