Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 23 de febreiro de 2018

DIA DE ROSALÍA


Mañá, 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, fixado dentro do Calendario do Libro e da Lectura.

Levamos varios cursos celebrando este día no colexio, mais esta vez que solicitamos a colaboración das familias para compartilo con nós. A convocatoria deste ano é #AbrirAfiestras e coincidimos compartindo este acto coas familas.

A xornada de hoxe foi de homenaxe a Rosalía declamando unha escolma dos seus poemas.
Comezaron as profes María e Conchi co poema 
Santa Margarida.
Logo continuaron Pablo de 6º coa súa nai Julia recitando Sin niño.
Quíxente tanto meniña de “Cantares Gallegos” foi a elixida por Izan de 5º e o seu pai Adam.
Antonio e Lucía de 4º coa súa nai Lupe escolleron o poema San Antonio bendito tamén de “Cantares Gallegos”.
Campanas de Bastabales lérono Alma, de 3º  e Isabel,
a súa nai.
Representando a clase de 2º curso foron Andrea e a súa nai Marisol recitando Airiños, airiños aires de “Follas Novas”.
Despois dun paréntese para estirar as pernas, chegoulle a quenda a Diego e a súa nai Elena de primeiro co poema Xan.

E participaron tamén neste acto poético os alumnos e alumnas de infantil e as súas familias.
Beltrán e a súa nai Olga leron Cantarche, hei Galicia de “Cantares Gallegos”.
Maio longo de “Follas Novas” foi recitada por Celia e o seu pai Manuel.
Continuaron Éric e o seu pai cun anaco do primeiro poema de “Cantares Gallegos”.
Representando aos máis cativos de 3 anos, Manuel e o seu pai David  recitaron Adiós ríos, adiós fontes.

E rematamos esta magnífico acto con música:

Sabela e a súa nai Lorena cantando “Adiós ríos, adiós fontes” e tocando a pandeireta e convidando ao público a acompañalas.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega propón agasallar no Día de Rosalía un  libro en galego e unha flor..  

Agradecemos aos colaboradores desta celebración cunha flor e un poema de Rosalía.

Graciñas a toda a Comunidade Educativa pola súa desinteresada colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario