A escritora e
periodista Montse Fajardo visitou hoxe o
noso colexio para presentarnos o seu libro “O escalón de Ulises”.
Comentounos que no seu libro fala da parte máis humana e persoal da traxectoria vital de
Mª Victoria Moreno a través da mirada daquelas persoas que máis a apreciaban.
O alumnado de primeiro a sexto de primaria, en dúas quendas, foi o que gozou desta actividade tan enriquecedora e emocionante
para todos xa que, unha profesora do colexio e mailos pais dalgúns nenos foron alumnos
de Mª Victoria Moreno en Pontevedra.
Grazas a Montse Fajardo souberon
un chisco máis do que lle levou a
escribir os seus libros.
Houbo dous libros especiais para Mª Victoria Moreno: “Don Quijote
de la Mancha” e “O principiño”.
Dentre toda a súa
obra, “Leonardo e os fontaneiros” era o seu libro favorito.
Cando Montse rematou a súa presentación houbo unha rolda de preguntas
bastante interesantes.
O alumnado de cuarto compartiu con ela unha poesía que fixeron sobre Mª Victoria Moreno.
Nenos e nenas de 6º
de primaria amosáronlle o díptico feito sobre Mª Victoria Moreno.
Graciñas Montse por vir presentar o teu libro ao noso colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario