Os alumnos e alumnas de Infantil foron os primeiros do colexio en comezar coas actividades para os centros escolares colaboradores da organización da 20ª edición do Salón do Libro.
Tiveron a sorte de ir hoxe á estrea do espectáculo “Mai-Mai” da compañía Baobab Teatro en Pontevedra, no Pazo da Cultura.
O argumento da obra xira arredor da concienciación medioambiental a través dunha historia na que os protagonistas son unha reporteira moi revolucionaria e loitadora, un fotógrafo e o último Oso Panda do noso planeta.
Todo o alumnado e mestras que gozaron deste marabilloso e entrañable espectáculo quedaron encantadas.
Noraboa para a compañía Baobab Teatro.
Mirade que osiño panda fixeron na clase de 6º de Infantil!
Ningún comentario:
Publicar un comentario