Dentro
das actividades programadas no Día do Libro, o alumnado de infantil tivo sesión dobre en
Pontevedra.
Primeiro foron ao Auditorio de Afundación para ver o espetáculo "Guyi-Guyi" de Periferia Teatro.
Cando
rematou a función foron ver unha exposición de fotográfica no Café
Moderno do artista Xosé Abad "Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo".
Mentres o alumnado de infantil estaba en
Pontevedra, no colexio, o alumnado que quedou tivo a primeira sesión de
apadriñamento lector da actividade "Libros ao Patio".
Este ano, como estaba a chover, houbo que
facela por dentro do edificio do colexio.
Nesta
actividade participa todo o alumnado.
Os
voluntarios e voluntarias da biblioteca foron recoller aos máis pequenos e
escolleron cadanseu recuncho para ler e contarse as súas historias preferidas.
Foron os responsables de recoller e de axudar a deixar os libros nos andeis en orden ao rematar a actividade.
Foron os responsables de recoller e de axudar a deixar os libros nos andeis en orden ao rematar a actividade.
Había nenos
e nenas lendo por todas as aulas e corredores.
A
biblioteca tamén tivo unha chea de lectores.
Mañá teremos outra sesión de "Libros ao Patio" na que participarán tamén o alumnado de infantil.
Mañá teremos outra sesión de "Libros ao Patio" na que participarán tamén o alumnado de infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario