Dentro do proxecto anual deste curso O Camiño
de Santiago, Tino Lores falaranos do Albergue de Pontevedra, e tiñamos
a inquedanza de visitar e ver por dentro como era un dos albergues onde dormen
as persoas que fan o Camiño.
A ocasión presentouse como un gran
acontecemento para a nosa contorna, xa que temos a sorte de contar cun novo
establecemento en Ponte Sampaio: “O MESÓN”, un Albergue turístico na rúa que lle da o nome.
Todo o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria participou nesta actividade.
Esta visita fixémola grazas á colaboración de Tomás, o pai de dúas alumnas do colexio que se prestou amablemente
a ensinarnos o seu establecemento.
Contounos que pasaban peregrin@s de moitas
nacionalidades, moitos portugueses, xaponeses,… e que se entendían falando
sobre todo en inglés. Moitos xa fixeran antes o camiño francés, e bastante
xente viaxaba en solitario, coñecendo a
outras persoas polo Camiño.
Ensinounos a cociña, a sala de estar, a recepción, as literas, as taquillas, os baños,...
Marie é unha
peregrina francesa que botara andando 47 días e percorridos uns 1.200 quilómetros andando seguido. O martes levaba unha semana aloxada no albergue despois da súa
andaina. Accedeu a falar no local para o alumnado do colexio facendo un pequeno
resumo da súa longa viaxe e contestando tamén con gran amabilidade as cuestións
que xurdían ao longo do seu relato.
Á vez que faciamos a visita chegou un novo
peregrino italiano e prestouse para que viran o que acontece cada vez que chega
un novo peregrino ao albergue.
A mochila pesaba moito. |
aos clientes que o noso colexio estaba a
traballar o Camiño, por se colaboraban deixando escritas unhas palabras nun folleto feito por
nós, e recoller historias da súa viaxe e editar con elas o décimo número do
boletín escolar A VOZ DO VERDUGO. Está na recepción e xa ten algunha historia escrita.
Graciñas Tomás pola túa
colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario