Outro ano máis
chegou o Samaín ao colexio de PonteSampaio, máis este curso cun toque de Cine.
Preparamos
relatos terroríficos, tivemos unha exposición cunha escolma de libros de
bruxas, pantasmas, mostruos, vampiros, cabazas, e os favoritos foron os libros
de "Mortiña" e o de "Los calzoncillos maléficos".
Colaboraron as
familias preparando cos seus fillos e fillas unhas cabazas de medo, cun toque
cinematográfico, como non!
Houbo
obradoiros de Cociña terrorífica, Contos de medo, Maquillaxe, Manualidades
e proxeccións de Curtas de medo.
Nestes
obradoiros participou todo o alumnado en grupos de distintos niveis que ían
rotando dun obradoiro a outro. Parabéns para o alumnado voluntario de 5º e 6º
curso de primaria que en todo momento estivo pendente dos máis cativos, tanto
nos obradoiros como no túnel do terror.
Ao ser o
segundo curso que se facía tivemos en conta as propostas de mellora do ano
pasado.
Este curso
quedou moi lucida a decoración do túnel do terror e a dramatización que fixeron
nel os voluntarios.
Rematamos esta
semana curta con cancións, conxuros e bailes terroríficos.
Parabéns para Noa, Xiana
e Anxo que acadaron premios polas
súas cabazas de película: "It", "BB8" e o primeiro
premio para Anxo coa súa Cabaza dos "Cazafantasmas".
Non esquezades
alumear as vosas casas coas cabazas pola noite...
Agradecementos á Comunidade Educativa pola súa colaboración coas cabazas, os traxes e nos
obradoiros deste curso. Graciñas!
Ahí vos queda
un resumo en imaxes destas xornadas: preme a imaxe!!
Preme a imaxe! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario