OOOLA!!
Vaia festa E TEMPAZO que tivemos!
Era de esperar, mirando aos primeiros en chegar.
ollade ALGÚNS DESTES DISFRACES MAÑANEIROS
Este ano o meco tivo nome de muller
BENIGNA SÁNCHEZ GAÑÓU O GOYA
Á MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA POLA PELÍCULA
“O QUE ARDE”.
DESPREGAMOS A NOSA
ALFOMBRA VERMELLA PARA
SAÍR AO PATIO ÁS ACTIVIDADES NO EXTERIOR.
ABUNDARON DISFRACES
RELACIONADOS CO CINE DE ACCIÓN, DE AVENTURAS,
FICCIÓN...
OS VOLUNTARIOS DE SEXTO LERON AS RIMAS PREPARADAS
PARA DAR A ENTRADA AOS DISFRACES DE CADA CLASE.
COMEZARON A DESFILAR OS MAIORES DE PRIMARIA E REMATARON OS MÁIS PEQUENOS DE INFANTIL.
HOUBO QUEN CONFUNDIU ESTE DESFILE CUNHA CARREIRA DE
TANTA PRÉSA QUE LEVABA.
AS REGUEIFAS ENTRE SOUTOLEÑAZO E
MONTEPORRAZO TIVERON
MOITA CHISPA.
METÉRONSE TODOS E TODAS MOI BEN NO SEU PAPEL E AO
FINAL QUEDARON EN TABLAS.
O GALO COCORICO NON SE LIBROU DE QUEDAR DESPLUMADO, "CLARO" ESTE ANO LOITABA CUNHA
BANDA DE “CROMIÑONAS E
CROMIÑÓNS” E GUARDIÁNS DA NATUREZA DE
CINE.
FINALMENTE CHEGOU O MOMENTO DOCE E DEGUSTAMOS OS DOCES
DE ENTROIDO QUE APORTARON AS FAMILIAS.
ABURIÑO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario