HOXE LEVO XOGANDO
CASE TODA A MAÑÁ. ESTOUNO PASANDO PIPA COA COLECCIÓN DE XOGOS QUE TEÑO NA BIBLIOTECA.
SABEDES QUE? GAÑEI
UNHA VECES E OUTRAS NON, PERO O IMPORTANTE É
QUE ESTOU A PASALO EN GRANDE XOGANDO.
VOUVOS FALAR DUN
DOS XOGOS COS QUE MELLOR O PASEI:
O MIKADO
OS PALILLOS CHINOS.
CHINA APORTOUNOS
MOITAS E MOI BOAS COUSAS, NON SO O VIRUS ESTE, TAMÉN ESTE XOGO TRADICIONAL.
ASÍ QUE DIRIXINME Á LIBRARÍA
ONDE ESTÁN OS XOGOS, ONDE?
O EQUIPO DE VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA VOLO DIRÍAN
NUN PERIQUETE, BUSCAMOS O AUTOBÚS ROSA E NO 7.9.
XOGOS, ESPETÁCULOS, DIVERSIÓN E ALÍ ESTABA.
ESTE XOGO EXIGE
UNHA GRAN HABILIDADE MOTRIZ PORQUE HAI QUE TER UN PULSO
FIRME, CONCENTRACIÓN E MOITA PACIENCIA
PARA COLLER O MÁXIMO NÚMERO DE PAUCIÑOS DUN MONTÓN, SEN QUE SE MOVAN OS DEMÁIS.
ORIXINARIAMENTE,
AS VARILLAS ERAN
DE MARFIL. HOXE
EN DÍA SON DE MADEIRA OU DE PLÁSTICO.
PODE XOGAR UN
CONTRA SI MESMO, OU VARIOS ACORDANDO AS REGRAS ANTES PARA QUE NON HAXA MALENTENDIDOS.
XÓGASE CON PALILLOS
DE DISTINTOS CORES E UN DE COR NEGRA.
SEGUNDO A COR DOS PALILLOS TEÑEN PUNTUACIÓN DIFERENTE.
HAI QUE POÑERSE EN
CÍRCULO PARA XOGAR E TIRAR OS PALILLOS NO MEDIO.
O OBXECTIVO É
COLLER O PALILLO NEGRO SEN QUE SE MOVA
NINGÚN DOS OUTROS, MAIS PODEDES ACORDAR PARTIDAS NAS QUE GAÑE QUEN MÁIS COLLA
DUNHA TACADA OU NUNHA RONDA, TANTO TEN.
HAI QUE XOGAR SEN FACER
TRAMPAS.
PODEDES XOGAR TODA
A FAMILIA A VER QUEN TEN MELLOR PULSO PACIENCIA E CONCENTRACIÓN.
CANDO SE MOVA
ALGÚN, “QUE PASA SEGUIDO”, CAMBIA O TURNO.
QUEN COMEZA?
BOTÁMOLO A SORTES:
“UN GATO CAEU NUN POZO,
AS TRIPAS FIXERON GUÁ.
ARREMOTO, PITIPOTO
ARREMOTO, PITIPÁ
TÓ CA CHE CO ME ZAR”
QUE NON TEDES O XOGO
NA CASA, NON IMPORTA, IMPROVISAMOS RÁPIDAMENTE:
CON TALLARÍNS, A MODIÑO QUE PODEN ROMPER AO DEIXALOS CAER, FACÉMOLO
COMO SE FORAMOS COCELOS E SUAVEMENTE ESPALLÁMOLOS SOBRE UNHA
SUPERFICIE LISA. UNHA MESA OU MELLOR NO CHAN, PARA QUE NON “SE MOVAN”.
CON ROTULADORES TAMÉN
PODEMOS XOGAR.
COS PALILLOS DE BROCHETAS.
QUEN DIXO MEDO?
A XOGAAAR!
ÁNIMO FAMILIAS !
TODO VAI A IR BEN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario