MENOS MAL QUE AS
METEORÓLOGAS CONSULTADAS ACERTARON E PUIDEMOS CELEBRAR A FESTA DO ENTROIDO NO
PATIO.
É UNHA MÁGOA NON PODER CONTAR ESTE CURSO COA PRESENZA DAS FAMILIAS E TROULEAR POR TODO O PATIO LIBREMENTE, MÁIS AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN DO PROTOCOLO COVID HAI QUE RESPECTALAS PARA MANTER O BECHO O MÁIS LONXE POSIBLE DE NÓS.
NON PODEMOS PASALAS
POR ALTO EN NINGÚN MOMENTO.
DESFRACES HOUBO PARA TODOS OS GUSTOS, DENDE UNHA BANDA DE “MINIONS” ATA A CELEBRACIÓN DO ANO NOVO CHINÉS; MOTORISTAS SEN MOTO, FUTBOLISTAS CON E SEN BALÓN, EXPLORADORAS, ANIMAIS, WILLY FOG E RIGODÓN, XAPONESAS,...
CANDO CHEGARON OS
TRES GRUPOS DE INFANTIL, O DIRECTOR, AVELINO LEMBRÓULLE A TODO O MUNDO QUE
MALIA NON PODER ESTAR ESTE CURSO COMPARTINDO A FESTA COAS FAMILIAS, TIÑAMOS A
BOA SORTE DE PODER COMPARTIR ESTA FESTA ENTRE TODOS NÓS, GARDANDO AS DISTANCIAS
E SEN XUNTARSE CO ALUMNADO DOUTROS CURSOS.
COMEZOU O DESFILE COS
CHINESES DE TRES ANOS QUE ÍAN DE ESTREA. DE SEGUIDO O DRAGÓN CHINÉS QUE LEVARON
OS DE CATRO ANOS, E REMATOU INFANTIL COA SÚA BANDA DE CHINESES, CELEBRANDO TODO
O CICLO O ANO NOVO CHINÉS.
SEGUIRON DESFILANDO A RAPAZADA DE 1º CURSO ATA 6º DE PRIMARIA.
ESTE ANO CANDO CHEGOU CANTARICO, FOI PRIMEIRO POR TODOS OS GRUPOS PARA FACERSE UNHA FOTO DE LEMBRANZA.
4º EDUCACIÓN INFANTIL |
5º EDUCACIÓN INFANTIL |
O POBRE CANTARICO MARCHÓU DESPLUMADO PARA A SÚA CASIÑA.
MERENDAMOS FÓRA, RESPECTANDO DISTANCIAS, REPARTIDOS POR TODO O RECINTO OS GRUPOS BURBULLA PARA PODER COMER BEN ESPALLADOS
MERENDAMOS ORELLAS, FILLOAS, FOLLAS DE LIMÓN E FLORES QUE CADAQUEN TRUXO DA SÚA CASA.
DESPEDIREMOS O
ENTROIDO DESTE CURSO CO ENTERRO DA SARDIÑA.
LEVA SEMPRE A MÁSCARA!
LAVA AS MANS!
FORA VIRUS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario