Co gallo do Entroido, houbo hoxe
no colexio unha xornada de
“Contos Choqueiros”
para todos os cursos con
Pedro Brandariz.
Foron pasando pola sala de usos múltiples as tres clases de infantil, e de primeiro a quinto de primaria.
Alumnxs de 4º e 5º de infantil |
Alumnxs de 4º e 5º de infantil |
1º Primaria e infantil 5 anos |
Alumnado de 1º de primaria e de 6º de infantil. |
Participaron desta actividade en quendas de dúas clases cada unha.
3º e 4º curso de primaria. Mantivéronse os grupos separados e as fiestras abertas ao longo de toda a actividade, segundo marca o protocolo Covid do centro. |
3º e 4º de primaria |
4º e 5º curso de primaria. |
O alumnado de 6º de primaria realizou esta actividade na súa aula.
Clase de 6º curso de primaria |
Pedro amosou varios complementos dos disfraces do Entroido noutras zonas de Galicia e ensinou como era a festa nas distintas localidades galegas.
Levou os libros “É tempo de Entroido” e
“Non pare a festa: É tempo de Entroido” de Ramón D. Veiga
(Xerais)
e "Tomás o bromista" de Jorge Rico Ródenas de Kalandraka.
ABURIÑO!!
¡OLLO! COAS DISTANCIAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario