MOITOS DOS RECREOS DE CHOIVA FORON MÁIS LEVADEIROS PARA A RAPAZADA DE INFANTIL
CANDO APARECÍAN VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA PARA LERLLES OU CONTARLLES ALGUNHA HISTORIA.
AO LONGO DO SEGUNDO TRIMESTRE, UN GRUPO DE VOLUNTARI@S ESTIVERON A PREPARAR UNHAS LECTURAS PARA IR A CONTAR A EEI DE SOUTOMAIOR, EN ARCADE.
DESEÑARON E CREARON UNS MONICREQUES PARA ACOMPAÑAR E DINAMIZAR AS LECTURAS QUE PREPARARON PARA A RAPAZADA.
O ALUMNADO DE INFANTIL DO NOSO COLEXIO FOI O PRIMEIRO EN GOZAR DESTAS DRAMATIZACIONES.
ESTE MÉRCORES, POR FIN, PUIDEMOS IR C@S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA A DESENVOLVER A ACTIVIDADE “OS PEQUENOS CONTAN” NA ESCOLA INFANTIL A GALIÑA DE ARCADE.
COMO O DÍA ESTABA SOLLEIRO, FIXEMOS O TRAXECTO DENDE O COLEXIO ATA ARCADE ANDANDO.
NAMENTRES PREPARABAN O “ESCENARIO” FOI ENTRANDO PASENIÑO O PÚBLICO MIÚDO, ENTRE O
QUE ESTABAN DÚAS NENAS QUE COMEZAN O PRÓXIMO CURSO NO NOSO COLEXIO.
“LA ARAÑA MÁS INTELIGENTE”, “MONSTRO
ROSA”, ¡DÉJA DE QUEJARTE! E “A QUE SABE A LÚA” SON
NON SEI QUEN GOZOU MÁIS, PORQUE AS NENAS E OS NENOS DA ESCOLA ESTIVERON CALAD@S, ATENT@S E PEDÍAN OUTRO, OUTRO! CANDO REMATABAN CADA CONTO.
O PÚBLICO INFANTIL ESTIVO MOI PARTICIPATIVO, APLAUDIRON SEGUIDO,
CONTESTARON ALGUNHAS PREGUNTAS QUE LLES FIXERON AO REMATAR OS CONTOS.
PUIDERON VER DE PRETO OS SEUS MONICREQUES QUE LEVARON PARA ANIMAR AS
HISTORIAS.
FOI UNHA MAÑÁ DE GRAN LEDICIA, NON PARARON DE FALAR NO TRAXECTO DE IDA E DE
VOLTA AO COLEXIO QUE FIXERON ANDANDO.
O
CURSO QUE VEN RETOMAREMOS ESTA ACTIVIDADE XUNTO CON “OS MAIORES CONTAN” GUSTOSAMENTE.
ABURIÑO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario