Este curso participamos de novo no Festival de
Clipmetraxes de Mans Unidas. Coa grabación dun vídeo búscase a sensibilización
e implicación na loita contra as inxustizas e desigualdades. Ata agora sempre participaba
o alumnado de Relixión de 6º de Primaria, pero nesta ocasión o grupo de 5º de
Primaria animouse tamén.
O tema proposto foi “Pon o foco nos esquecidos”, co que se pretendía visibilizar realidades que parece que non existen porque non son noticia...
“Otras noticias te reclaman”, vídeo de 5º e 6º de Primaria
Neste vídeo amósase que hai novas que non saen con frecuencia nos medios ou que son só pequenos titulares. Darlles voz e protagonismo debe ser o noso maior reto.
“Contrastes injustos”, vídeo de 6ºe 5º de Primaria
O vídeo denuncia que estamos disfrutando de dereitos que moitas veces non valoramos. E para outros seres humanos conseguilos sería o seu maior soño.
O alumnado participante estivo moi motivado, aportando ideas e suxerencias. E sobre todo amosaron un gran interese e sensibilidade hacia as persoas e colectivos “esquecidos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario