Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 27 de febreiro de 2023

Día de Rosalía

Conmemoramos cada curso no noso colexio o 23 de febreiro o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro y Murguía, en Santiago de Compostela (hai 186 anos),   poetisa e escritora galega.

Este ano, celebramos esta data  con distintas actividades nas diferentes aulas e algunhas outras todos e todas conxuntamente.

Nas aulas de infantil colorearon a súa faciana 

fixeron máscaras do mesmo tamaño para decorar os seu retrato

  e aprenderon o poema  
“Adiós ríos, adiós  fontes” 
 co a axuda de pictogramas.

 O programa de radio que prepararon @s voluntari@s esta semana, estivo dedicado como é lóxico a Rosalía de Castro. 

Fixeron a escaleta do programa contando o traballado nas aulas.

Convidaron a recitar uns poemas da autora homenaxeada  a uns alumnos da clase dos maiores na radio e emitir en directo para todo o colexio, 
e a as nenas e nenos da clase de 6º de Infantil que recitaron, 
cadanseu verso cos pictogramas do poema que aprenderan na aula.
Hoxe, co gallo do Día do Teatro  e de  Rosalíaprogramamos no centro unha sesión de contacontos na que participou todo o alumnado de Educación Infantile Primaria, polo que houbo de ser na sala de usos múltiples.

 A representación narraba a historia de Rosalía de Castro contada por unha periodista do século XIX que coñecía moi, moi ben tanto a súa vida como a súa bibliografía.

Ao longo da sesión ía facendo preguntas a cativos e cativas polo que sabían dela. 

O espectáculo foi moi ameno, didáctico e participativo. 

Tanto a rapazada máis cativa como a dos cursos superiores seguiron a actividade con moito interese e participando activamente. 

Por momentos preguntaba tamén en inglés algunha cuestión.

A actriz contacontos pertence a compañía de teatro “Trémola Teatro”. 

Rematou a sesión comentando que había unha estrela que leva o nome de Rosalía de Castro.

 Propuxo como tarefa pescudar cara onde hai que buscar no ceo para poder atopala. 

Case non a deixan recoller de tanto que lle querían preguntar.

A estas alturas, seguro que xa mirastes o ceo para dar con ela.

Non é doado vela a simple vista, pero si que podedes vela cuns prismáticos se sabedes onde mirar.

Neste vídeo explícanvos como atopala no ceo.

https://www.youtube.com/watch?v=Mp-CzAbfgok

Tamén podedes usar a aplicación   Stellarium   que vos axuda a atopala con maior facilidade, pero hai que escribir  HD 149143   na lupa da aplicación. Ese é a nomenclatura que tiña antes de bautizala como 

 Estrela Rosalía de Castro  

https://stellarium-web.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario