Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 25 de outubro de 2023

Día das Bibliotecas Escolares.

  OOOOLA!! 

Xa estamos de volta!!

CELEBRAMOS HOXE O 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 

COMEZANDO COA ACTIVIDADE DAS

 MOCHILAS VIAXEIRAS

 NAS AULAS DE PRIMARIA.

COMEZOU TAMÉN A ANDAINA D@S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA DESTE CURSO 2023-24.

AO LONGO DA SESIÓN DE HORA DE LER FORON PASANDO POLAS AULAS DE PRIMARIA 

 FIXERON A ENTREGA DAS MOCHILAS E LEMBRAR A MECÁNICA DESTA ACTIVIDADE.

LEMBRÁRONLLES TAMÉN AS NORMAS DA BIBLIOTECA, CANDO PODÍAN IR E COMO TIÑAN QUE FACER PARA LEVAR LIBROS, XOGOS OU PELÍCULAS EN PRÉSTAMO.  

DINAMIZARON ESTE DÍA REALIZANDO A DRAMATIZACIÓN QUE PREPARARON NOS RECREOS DESTE MES DOS CONTOS "Corre, Corre Cabaciña",(de Inés Mejuto) PARA TODA A RAPAZADA DE INFANTIL.

PRESENTÁRONME AO NOVO ALUMNADO.

OUTRO GRUPO NA BIBLIOTECA CONTÓULLES A HISTORIA DE  "A Pantasma Colorida" (de Gema García) AO ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA AXUDADOS CON MONICREQUES.

NA SAÍDA ESTABAN DISPOSTOS PARA LEVAR ÁS CASAS UNHA MOREA DE FONDOS EXPURGADOS DA BIBLIOTECA.

ESTE É UN XEITO DE DARLLES UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE. 

DEICA LOGO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario