Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 6 de maio de 2024

Pontenciencia

PARTICIPAMOS UN CURSO MÁIS NA

‘FEIRA DA MINI CIENCIA DE PONTEVEDRA: PONTENCIENCIA 2024’.

NESTA NOVENA EDICIÓN PRESENTAMOS UN PROXECTO NO APARTADO DE

CIENCIA NO COLE.

NA CLASE DE 6º DE PRIMARIA INVESTIGARON AO LONGO DO CURSO 

“O ECOSISTEMA MONETARIO DOS MICROORGANISMOS” 

TRABALLARON ARREO PARA PODER PRESENTAR AS CONCLUSIÓNS DAS INVESTIGACIÓNS REALIZADAS. 

 PREPARARON UN TRÍPTICO PARA EXPLICAR POLO MIÚDO A INVESTIGACIÓN E OS RESULTADOS DA MESMA.

LEVABAN CADANSEU CARNÉ CO DESEÑO FEITO NA AULA

ACERCÁRONSE O XOVES 3 A TARDIÑA PARA MONTAR O STAND DO COLEXIO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE FORESTAIS,  EN PONTEVEDRA.

O VENRES 4 DE MAIO SAÍRON Á MAÑÁ CEDO PARA DEFENDER O SEU PROXECTO  CIENCIA NO COLE  A PONTEVEDRA. 

CALQUERA DELES ESTABA BEN PREPARADO PARA PODER PRESENTAR E DEFENDER O TRABALLO FEITO NO COLEXIO CON AMPLA SOLVENCIA.

"O Ecosistema monetario dos microorganismos" 
Xabier e Xurxo defendendo o proxecto.
 Alba e Celia defendendo o proxecto.
Noa e Celia defendendo o proxecto.
Tati e Raúl defendendo o proxecto.
Mar e Eloy defendendo o proxecto.
TODO O ALUMNADO BEN EN PARELLAS OU EN TRÍOS FOI QUEN DE DEFENDER O SEU PROXECTO AO LONGO DA DURACIÓN DA FEIRA.

GOZARON CON DIFERENTES ACTIVIDADES E OBRADOIROS  AO LONGO DO DÍA ORGANIZADOS PARA OS PARTICIPANTES NO CERTAME: 

CIENCIA DIVERTIDA 

A QUÍMICA DO XABÓN

DÉRONLLES CADANSEU DIPLOMA MAILO PREMIO POLA INVESTIGACIÓN.

A  INVESTIGACIÓN FEITA NA NO COLEXIO  POLA CLASE DE 6º DE PRIMARIA 

   “O ECOSISTEMA MONETARIO DOS MICROORGANISMOS” 

 ACADOU O PREMIO: 

FOTO DO DIPLOMA


FOTO NO PATIO Co Diploma

NORABOA POLO TRABALLO BEN FEITO A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE E Á MESTRA MANOLI  POR GUIALOS E POLO TRABALLO QUE LEVASTES.

Somos noticia:

https://www.pontevedraviva.com/xeral/101314/feria-anual-pontenciencia-celebrara-3-4-mayo/

https://www.pontevedraviva.com/xeral/103713/cuenta-atras-celebracion-pontenciencia/

https://www.pontevedraviva.com/xeral/103904/29-investigaciones-pontenciencia-2024-estudiantes-campus-forestales/

Ningún comentario:

Publicar un comentario