Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 30 de maio de 2025

Relato curto

 OOOOLA!! 

ESTOU CONTENTÍSIMO DE QUE

 MARIÑA FORA FINALISTA NESTA  

XI EDICIÓN DO RELATO CURTO 

QUE CONVOCOU A FANPA.


RECIBIU O SEU DIPLOMA DAS MANS DE

PAULA CARBALLEIRANIN MÁIS NIN MENOS…

AGORA XA TES UNHA PUBLICACIÓN E ESPERO QUE SEXA A PRIMEIRA DE MOITAS MÁIS.

COMPARTO CON TODOS O TEU RELATO 

“VIVIR NA XUNQUEIRA” :

Cando eu era pequena leváronme ao meu fogar, que era preto do parque infantil da Xunqueira.

Eu era moi guapa: tiña a pel bastante bronceada polo sol e uns días levaba un vestido verde, outros un vestido verde con flores brancas e outros o vestido verde con puntos laranxas, todos eles moi fermosos.

A maioría da xente que ía ao parque ignorábame, pensaba que non podía falar e que non era divertida. Había algúns nenos como Cibrán, André, Carol e Mariña que xogaban comigo cando ían ao parque. Que feliz me sentía eu! Ata se lembraron do meu aniversario e preparáronme unha torta de laranxa e déronme un agasallo: un vestido verde, amarelo e marrón.

Pensaredes que agora xa era todo era felicidade, non? Pois estades equivocados. Un día viron uns homes gritando que me querían acoller e coidar eles mesmos de min. Eu non sabía que facer, encantábame o meu fogar agora que tiña amigos. E de súpeto apareceron os meus amigos defendéndome e sumóuselles todo o pobo. Os homes déronse por vencidos e deixáronme quedar en Ponte Sampaio o resto da miña vida. E con esas marcharon moi enfadados diante da feliz xente do lugar.

E así foi a vida da laranxeira do parque da Xunqueira.

Mariña na Biblioteca 

NORABOA, MARIÑA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario