Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 25 de abril de 2023

Libros a Fóra

 OOOOLA!

HOXE, COA VISTA A BIBLIOTECA DE ARCADE E, PUIDENDO SAIR AO PATIO PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO LENDO ESTOU MOI LEDO E  SALTANDO DE LEDICIA.

A ACTIVIDADE COMEZOU CO GRUPO DE VOLUNTARI@S INDO RECOLLER AOS MÁIS CATIVOS E SAÍNDO AO PATIO. AS NENAS E NENOS DE TRES ANOS ESTABAN LA MAR DE CONTENTAS DE IR EMPARELLAD@S C@S MAIORES DO COLEXIO.

ESCOLLESTES ACOUGOS BEN DIFERENTES. NAS MESAS, NOS MURETES, DO LADO DO RÍO CARA A EL, BAIXO AS ÁRBORES, ONDE A HORTA, NO PATIO CUBERTO, NO TOBOGÁN, ...

GÚSTAME MOITÍSIMO ESCOITAR COMO SOAN TODAS AS VOCES LENDO CONTOS DE PIRATAS, DE DINOSAUROS, OUTROS QUE FALAN DE CORES, POESÍA, BANDA DESEÑADA,... CADA QUEN AMOSANDO O SEU PROPIO ESTILO.

COMO O NIVEL LECTOR ERA DIFERENTE NOS AGRUPAMENTOS, E HOUBO QUEN REMATOU ANTES, NUN VISTO E NON VISTO, 

TROCARON OS LIBROS ESCOLLIDOS COS DE OUTRAS PARELLAS PARA SEGUIR LENDO MÁIS TEMPO E  VARIAR UN POUCO.

O QUE ESTÁ MOI CLARO É QUE ESPERAN ESTA ACTIVIDADE SIMULTÁNEA TRADICIONAL NO COLEXIO TODOS OS MESES DE ABRIL, A CARÓN DO DÍA DO LIBRO.

BOTADE UNHA OLLADA A ESTE VÍDEO,

 A VER QUE VOS PARECE

BOAS  LECTURAS!!

https://www.instagram.com/p/Crf3RDPM6SO/?igshid=NjVjMTFhZWRmNQ==

Visita á Biblioteca Municipal de Arcade

 

O día de hoxe foi claramente literario e de Formación de Usuarios.

Todas as clases de infantil e 1º de Primaria foron de visita á Biblioteca de Arcade.

 Levabamos tres cursos sen poder achegarnos en grupo e hoxe continuamos a tradicional visita.

Fixemos un paseo ata Arcade e, como o día estaba anubrado, fomos lixeiriños.

Esperábanos Mar, unha monitora da Biblioteca. 

Primeiro de todo, as normas da visita...

Ensinounos como era a distribución dos espazos, presentounos a Rosana, explicounos moitas cousas máis sobre os libros e as súas diferentes formas e tamaños,
 contounos para que levan etiquetas e como funcionan esta e todas as bibliotecas (algúns xa sabiamos da nosa).

Leunos varios poemas do libros “O lapis primos” de José A. Ramírez Lozano, de OQO.

Tamén contou “Un agasallo diferente” de Marta Azcona, da editorial Kalandraka. 

Logo do conto, imaxinamos unha chea de cousas que podiamos facer co libro, a parte de lelo.

Cada un dos que estabamos alí foi dicindo o que se lle pasara polo maxín: paraugas, bandexa, abano, frisbi, moto, rascador de cabeza...

Aprendemos diferentes formas de aplaudir: aplauso de mosca, aplauso de chicle, aplauso de molinillo,...

Rematamos a visita gozando libremente dos fantásticos libros que alí había.

Contamos que despois desta visita aumente o número de socios.

xoves, 23 de marzo de 2023

IX CERTAME RELATO CURTO

OOOOLA!
IDE PREPARANDO OS VOSOS RELATOS, QUE A DATA DE ENTREGA VAISE ACHEGANDO.
A DATA LÍMITE DE ENTREGA DE RELATOS É O 10 DE ABRIL.
VOS PARTICIPADES NA CATEGORÍA DE PRIMARIA, PERO HAI UNHA CATEGORÍA PARA ADULTOS TAMÉN.
ANIMÁDEVOS, QUE AÍNDA TEDES TEMPO.
NA BIBLIOTECA TEMOS OS LIBROS QUE SE EDITAN COS RELATOS SELECCIONADOS EN DISTINTAS EDICIÓNS DESTE CERTAME.

LEMBRADE QUE OS RELATOS TEÑEN QUE:
 SER ESCRITOS EN GALEGO
ORIXINAIS,
 INÉDITOS 
(QUE NON SE PUBLICARAN ANTES), 
QUE NON FORAN PREMIADOS NOUTROS CERTAMES. 
SON RELATOS CURTOS, 
 TEÑEN QUE TER ENTRE 200 E 300 PALABRAS.

POR SE QUEREDES  MÁIS INFORMACIÓN, DÉIXOVOS ESTE ENLACE.

APERTAS!!

martes, 14 de marzo de 2023

PI DAY 14 MARZO 23

   OOOOLA!!

MENUDO   HAΠ  DAY  PASAMOS HOXE!

CELEBRAMOS O   DÍA  DAS  MATEMÁTICAS   E DO NÚMERO Π CUNHA MOREA DE ACTIVIDADES  DIVERTIDÍSIMAS.

COMEZARON NA CLASE DE 5ºP PEGANDO OS CÍRCULOS COA FRASE

EN TODOS OS SITIOS DO COLEXIO ONDE VÍAN CÍRCULOS, CILINDROS E ESFERAS.  PRECISARON A ESCALEIRA DE JOSE, PORQUE ATA NO TEITO DERON CON Π.

PARA MOSTRA UN BOTÓN:

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL SAÍRON A BUSCAR AS PEGATINAS CIRCULARES DE  Π  QUE PEGARAN OS MAIORES DE SEXTO.

 ATOPARON ATA AS QUE ESTABAN PEGADAS NO TEITO.

EN CUARTO CURSO DE PRIMARIA TRABALLARON POR EQUIPOS, SAÍRON AO PATIO ARMADOS CON CINTAS MÉTRICAS E CALCULADORAS NA MAN. 

MEDIRON, ANOTARON, CALCULARON E... AS CONTAS SAÍAN,

EFECTIVAMENTE, Π ESTABA AÍ.

O PICCIONARIO QUE FIXERON NA CLASE DE PRIMEIRO CURSO QUEDOU ESPECTACULAR.

A DE PALABRAS QUE LEVAN PI NA PRIMEIRA SÍLABA...

GUSTÁRONME MOITÍSIMO AS PULSEIRAS QUE MONTARON EN SEXTO CON CONTAS DE CORES SEGUINDO OS AS CORES DOS DÍXITOS DO NÚMERO PI.

MONTARON TAMÉN UN MURAL COAS PRIMEIRAS CIFRAS DE PI ARREDOR, NO CORREDOR DE ARRIBA.


DÉIXOVOS UN ENLACE PARA VER UNHA PELÍCULA DE "DONALD NO PAÍS DAS MATEMÁTICAS".
APERTAS!!

venres, 10 de marzo de 2023

Conferencia 8-M

Como xa vos adiantamos, hoxe á mañá tivemos a videoconferencia coa científica e antiga alumna do colexio Miriam Conde Gómez.

Falounos dende o CHUS, no que fa o último curso de doctorado.

Compartiu con nós unha presentación na que contaba como foi a evolución da súa vida académica ata hoxe en día, describiu o seu traballo científico nos distintos eidos nos que os desenvolveu.

Ensinousnos  mulleres extraordinarias con traballos tradicionalmente realizados por homes.

Logo da súa presentación, respondeu as preguntas que xurdiron entre o alumnado.

Contestou ás preguntas que lle formularon alumnas e alumnos das clases de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

  Aprenderon que  

Porque traballes na investigación, non tes que ser aburrida, iso é máis o estereotipo das series de televisión.

Actualmente traballa no campo da saúde. No seu equipo son todas mulleres, a directora do proxecto tamén.

Non notou ningunha inxustiza por ser muller no traballo, so cun médico, pero era polo carácter del máis que nada.

Ao preguntarlle polo seu traballo coa policía, dixo que os casos eran confidenciais, pero si que podía comentar que axudou a identificar un cadáver que aparecera en África.

Como te sentes o chegares tan alto?

Non se sinte de ningunha maneira por chegares tan alto, so pensa que quere chegar máis alá, seguir aprendendo.

Que hai moitas clases diferentes de cancro, pero de mama hai tres tipos que se diferencian polos marcadores tumorais.

Se non tivera estudado bioloxía, probablemente optara por veterinaria, que está no mesmo ramo.

O tipo de cancro que investiga investigando vai polo sangue normalmente aos pulmóns e aos ósos. Ver o cancro no sangue é bastante difícil, pero agora podería dicir que é quen de facelo.

O que lle gusta da ciencia  é poder saber e descubrir cousas que antes non se sabían. De pequena regaláronlle un microscopio e gustáballe mirar por el. 

Miraba os debuxos de Érase unha vez o corpo”.

Unha pregunta coa que non contaba Miriam foi:

Que é a neuroxénesis?

Explicou que estudou un tempo o comportamento das neuronas de pacientes con TEA, e que simplificando, é estudar como se xeran as neuronas.

A sesión de radio de hoxe estivo tamén centrada na conmemoración do 8 de marzo.

Durante a sesión de Hora de Ler, @s voluntari@s contaron na

  Biblioteca a historia de algunhas mulleres como Hipatia de Alejandría, Concepción Arenal, Marie Curie e Mª Teresa Portela entre outras.

Todas elas  destacaron en disciplinas tradicionalmente masculinas ao alumnado de Primaria dos cursos máis baixos.