HOXE, COA VISTA A BIBLIOTECA DE ARCADE E, PUIDENDO SAIR AO PATIO PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO LENDO ESTOU MOI LEDO E SALTANDO DE LEDICIA.
A ACTIVIDADE COMEZOU CO GRUPO DE VOLUNTARI@S INDO RECOLLER AOS MÁIS CATIVOS E SAÍNDO AO PATIO. AS NENAS E NENOS DE
TRES ANOS ESTABAN LA MAR DE CONTENTAS DE IR EMPARELLAD@S C@S MAIORES DO
COLEXIO.
GÚSTAME MOITÍSIMO ESCOITAR COMO SOAN TODAS AS VOCES LENDO
CONTOS DE PIRATAS, DE DINOSAUROS, OUTROS QUE FALAN DE CORES, POESÍA, BANDA
DESEÑADA,... CADA QUEN AMOSANDO O SEU PROPIO ESTILO.
COMO O NIVEL LECTOR ERA DIFERENTE NOS AGRUPAMENTOS, E HOUBO QUEN REMATOU ANTES, NUN VISTO E NON VISTO,
TROCARON OS LIBROS
ESCOLLIDOS COS DE OUTRAS PARELLAS PARA SEGUIR LENDO MÁIS TEMPO E VARIAR UN POUCO.
O QUE ESTÁ MOI CLARO É QUE ESPERAN ESTA ACTIVIDADE
SIMULTÁNEA TRADICIONAL NO COLEXIO TODOS OS MESES DE ABRIL, A CARÓN DO DÍA DO
LIBRO.
BOTADE UNHA OLLADA A ESTE VÍDEO,
A VER QUE VOS PARECE
BOAS LECTURAS!!
https://www.instagram.com/p/Crf3RDPM6SO/?igshid=NjVjMTFhZWRmNQ==
Ningún comentario:
Publicar un comentario