Este luns celebramos no colexio, un ano máis, unha xornada de lecer e lectura coas actividades de “Libros a Fóra” na que facemos unha xornada de lectura no patio enparellados nenos e nenas de distinto nivel lector.
Por sorte acompañóunos o bo tempo un ano máis.
Calquera recuncho valía.
Uns querían sol e outros sombra.
Calquer sitio era bo. |
Todos o alumnado escolle un do seus libros preferidos para llo contar a súa parella lectora no patio.
Os voluntari@s da biblioteca recollen aos máis pequeniños e encárganse da recollida dos libros da biblioteca para levalos os andeis.
Rematando a última sesión baixamos ao patio cuberto para a "Lectura Colectiva do Quixote", este ano o capítulo escollido foi La aventura de Calvileño.
Leron dúas nais, dous voluntarios e dous profesores representando a comunidade educativa neste acto aberto a todos.
Se queredes ver máis...
Graciñas a toda a comunidade educativa pola súa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario