A pesares do que
choveu esta fin de semana houbo fiuncho, flores e ovos abondo para montar o
noso maio.
Mentras os maiores
enfiaban o fiuncho para facer a base do maio, outros cortaban os talos das
flores para que outros as enfiaran facendo grilandas coloridas.
Logo do recreo,
como chovía, baixamos ao ximnasio para cantar os maios que fixemos e aprendemos
entre todos.
Os alumnos e as alumnas
de 6º de primaria andaron e cantaron arredor do maio.
Gracias a Jose, o
noso conserxe, a estrutura do maio que quedará de aquí en adiante preparada
para os maios do cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario