Despois dun bo tempo revisando os libros que tiñamos e que non eran
axeitados para a nosa biblioteca, fixemos un bo expurgo dos fondos que tiñamos.
Isto non tería sido posible sen a axuda do equipo de voluntarios e
voluntarias de BIBLIOPINCO.
Estes libros van quedar na contorna xa que van para a Biblioteca Antonio Medal de Ponte Sampaio e terán unha nova vida.
José Luis López Carragal pasou onte polo colexio para recoller as
caixas.
Graciñas pola colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario