Este luns, como non choveu, o alumnado das tres aulas
de infantil puido ir, por fin, ao teatro en Pontevedra.
"Burbullas de papel" é o nome
do espectáculo que foron ver á sede de Afundación.
Logo de merendar, achegáronse ata a redacción de PontevedraViva onde percorreron as súas instalacións, centrándose na parte da radio da man da periodista Marisa Ciordia, quen lles ensinou os distintos espazos e fixo unha entrevista que podedes escoitar pinchando no audio do enlace da entrevista.
Quen sabe se sairá desta visita algún ou algunha periodista no futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario