MIRADE QUE MAIO TAN VISTOSO E COLORIDO FIXEMOS ENTRE
TODOS ONTE Á MAÑÁN!
A NOTA QUE FIXESTES ENTENDÉSTELA BEN, QUE TIÑAMOS PAMPULLOS, MARGARIDAS,
CALAS, FIUNCHOS, OVOS, LARANXAS,...
¡COMO ARRECENDÍA O XIMNASIO A FIUNCHO!
TRABALLO COOPERATIVO EN GRUPIÑOS, OS MAIORES EN
GRUPOS NO XIMNASIO CO FIUNCHO MAILAS CALAS PREPARANDO A BASE DO MAIO E A
RAPAZADA MIÚDA FIANDO GRILANDAS DE PAMPULLOS E MARGARIDAS CO ARAME NO PATIO DE
ENTRADA.
GUSTOUME MOITO
QUE TRABALLARADES EN EQUIPOS COLABORATIVOS.
CANTAMOS NO PATIO AS COPLAS DO MAIO QUE ARGALLARON EN SEXTO
DE PRIMARIA.
ESTAMOS NO MES DE MAIO
CHAMADO O MES DAS
FLORES
CANTAN ALTO OS
PAXARIÑOS
VAN BUSCANDO OS SEUS
AMORES
CON MAIO E A PRIMAVERA
O BO TEMPO XA CHEGOU
UNS NA EIRA TRABALLANDO
EU AQUÍ CANTANDO ESTOU
CANTAN TODOS NESTA
VILA
XUNTOS OU NALGÚN RECUNCHO
PRA PODER FACER O MAIO
PRECISAMOS UNS
FIUNCHOS
MAIO NON TE QUEDES
PAMPO
QUE O INVERNO REMATOU
NESTES MOMENTOS TAN
MALOS
TRAENOS MOITA ILUSIÓN
É UN MOMENTO ESPECIAL
CHEIRA A FELICIDADE
PASARÉMOLO MOI BEN
NON IMPORTA A TÚA IDADE
XA NON COMEREMOS CALDO
NIN COCIDO BEN
QUENTIÑO
AÍ VEÑEN AS ENSALADAS
NON LLE BOTES MOITO ALIÑO
DENTRO DESTE NOSO MAIO
CANTA UNHA MELODÍA
CANDO AS FLORES SE LEVANTAN
HAI AMOR E PAZ NA VILA
Ó REMATE DA XORNADA TODOS OS GRUPOS QUIXERON UN RECORDO CO
SEU MAIO.
MAÑÁN XESTAS FLORIDAS NOS COCHES!
Ningún comentario:
Publicar un comentario